Menu Content/Inhalt
INICIO. Millor con FIREFOX
Máis matanzas de raposos en Galiza subvencionadas pola Xunta PDF Imprimir E-mail
Pumtos por vidas, unha barbarie. Amplía!6 de xaneiro de 2009. A partir deste 10 de xaneiro volverase a repetir o sanguento espectáculo dos "campionatos" de caza de raposo en Galiza. Ese día nas vilas de Xinzo da Limia (Ourense), Silleda, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra); Sofán, Dumbría, Corme e Carballo (A Coruña) realizaranse os “campionatos provinciais” aos que seguirán, nas semanas posteriores, o “campionato galego” e o “campionato estatal”. Incomprensibelmente, esta crueldade organizada pola Federación Galega de Caza está considerada como deporte e conta co apoio e luce os logotipos de “Deporte Galego”, a Consellería de Cultura e Deporte e  a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza. Manifesto RAPOSO 08.pdf Manifesto RAPOSO 09 (12 KB)
 
Balanzo de 2008 e perspectivas ambientais para o 2009 PDF Imprimir E-mail
pegada_ecoloxica.jpgCompostela, xaneiro de 2009. ADEGA quere facer balanzo do acontecido en 2008 dende o ponto de vista ambiental e expresar as nosas expectativas para o 2009. Na pasada lexislatura aprobáronse leis de trascendencia ecolóxica como a da paisaxe, a da minaría, de montes, a de residuos ou o canon hidroeléctrico. Está por ver se o seu desenvolvemento en 2009 farase ou non de xeito sustentábel. A experiencia con outros planos no 2008, quer o Acuícola, o de Instalacións Náutico-deportivas, de Infraestruturas de Comunicación ou o Eólico, amosa que as cuestións ambientais seguen supeditadas a intereses políticos (caso dos muíños, as estradas ou o AVE) ou mesmo empresariais, como as piscifatorías ou portos deportivos. En resumo: demasiada improvisación e publicidade, poucos avanzos e políticas transversais.
 
Alto á barbarie en Gaza: concentracións en apoio ao pobo palestino e contra a agresión israelí PDF Imprimir E-mail
adegapaz.jpg
30 de decembro de 2008.  ADEGA súmase ao chamado urxente de organizacións da sociedade civil galega, como o Seminario Galego de Educ. para a Paz, a Iniciativa polos DD.HH., Galiza por Palestina, Coordinadora de ONGDs, o Foro da Inmigración ou a Fundación Araguaney para participar nos actos de solidariedade e apoio ao pobo palestino, de indignación e protesta pola barbarie sionista, de reclamación de medidas por parte da comunidade internacional, especialmente da UE, para que se obrigue a Israel a frear esta ofensiva militar que vulnera a legalidade e as resolucións da ONU. Pica para ver máis actos en Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lugo, Ponteareas...
 
Premios OSÍXENO e DIOXINA 2008 PDF Imprimir E-mail
oxdiox2.gif29 de Nadal de 2008. Dende hai 8 anos, ADEGA entrega os premios OSÍXENO e DIOXINA para subliñar á millor e pior actuación ambiental do ano. 
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2008:
-Categoría colectivo: Coop. de cultivo ecolóxico Raíña Lupa (Quilmas, Carnota). 
-Categoría individual: ao veciño do Courel Xan de Vilar.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva e insustentábel:
-Categoría colectivo: ao trío ENDESA-FENOSA-IBERDROLA.
-Categoría individual: a Jorge Santiso, sec. xeral da consellaría de Medio Ambiente e presidente de Augas de Galiza.
 
ADEGA esixe á Xunta que non autorice ningún parque eólico sen novo Plano Sectorial PDF Imprimir E-mail
pemini.jpg26 de decembro de 2008. Adxudicar os MW co plano do PP vixente compromete o desenvolvemento sustentábel do sector. Dende ADEGA queremos manifestar o noso rexeitamento á adxudicación de 2.290 MW do concurso eólico que vén de facer Industria,  sen ter antes modificado o desastroso Plano Eólico do PP aínda vixente. A redacción dun novo Plano Eólico con criterios de sustentabilidade, participativo e incardinado nunha política enerxética que prime a suficiencia, a eficiencia, o aforro e a reducción das emisións de GEIs, debería ser previo á concesión das licenzas de explotación. Abrir a poxa denantes de aprobar unha nova planificación sectorial e sen diálogo previo constitúe un grave erro. Alegacions PLANO EOLICO.pdf Alegacións PLANO EÓLICO (32 KB)
 
Por un Nadal máis verde: caderno para superar as festas do consumismo PDF Imprimir E-mail
nadalverde.jpgCompostela, 21 de Nadal de 2008. Desde hai anos, ADEGA vén desenvolvendo campañas relacionadas con diversos aspectos do Nadal: “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas” ou a “Carta das raíñas magas” foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención no consumo no Nadal. Con este caderno queremos achegar aos Fogares Verdes unha lectura reflexiva nestas datas nas que o consumismo parece convertirse na motivación principal das celebracións. Xuntanzas para celebrar unhas festas nas que os curtos días convidan a longas ceas e xantares, nas que se intercambiar agasallos e onde a solidariedade e a paz parecen estar presentes. Porén, as cegadoras luces destas celebracións (que ben poderían chamarse as festas do consumismo) impidennos ver o seu alto custo ambiental, económico e social. Baixa o caderno nadal verde.pdf NADAL VERDE (2.8 MB)
 
Informe sobre o estado de saúde dos ríos galegos 2008 PDF Imprimir E-mail
informe08.jpgCompostela, 17 de decembro de 2008. Os ríos galegos experimentaron un empeoramento tanto no estado de saúde como na calidade do bosque de ribeira.  O Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA, presenta o Informe 2008 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. No informe preséntanse os resultados das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos distintos grupos de voluntarios/as ao longo de todo o país. O Informe Anual permite aproximarnos ao estado de saúde das diferentes bacías a partir de determinados indicadores empregados. Podes descargar eiquí o Informe PR 2008.pdf INFORME RÍOS 2008 (4.62 MB) completo.

ADEGA rexeita un proxecto campo de golf en plena ZEPA de Ogrobe PDF Imprimir E-mail
golf.gifPontevedra, 15 de decembro de 2008. A ubicación que se propón para este campo de golf no Monte Xiradella afectará a un ecosistema de grande importancia, protexido por diferentes figuras legais e administracións: é Zona de Especial Protección Para as Aves (ZEPA-UE), Lugar de Interese Comunitaria (LIC-UE), Humidal de Importancia Internacional (Convenio Ramsar), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (Xunta de Galiza), e Humidal Protexido (Xunta de Galiza).
 
Éxito social na defensa dos Penedos de Pasarela e Traba PDF Imprimir E-mail
pasarelapan2.jpg
13 de decembro de 2008. A Xunta vén de declarar Paisaxe Protexida 212 Ha dos Penedos de Pasarela e Traba (Vimianzo e Laxe). Non é sen tempo: en marzo de 2006, o Parlamento aprobou unha proposición para que este espazo tivera "cantas medidas foran necesarias para manter a súa integridade e a do seu contorno". Nestes 2 anos só o compromiso de colectivos cidadás, culturais e ecoloxistas impedíu a desfeita con varias canteiras apoiadas polo alcalde de Vimianzo -"pedras son pedras"-. Falta agora que a declaración non fique en papel mollado: cómpre un plano de conservación e xestión con orzamentos reais,  e veremos se canteiras e eólicos non impoñen o seu "interese público".
 
ADEGA reivindica o mantemento de paradas e estacións dos ferrocarís galegos PDF Imprimir E-mail
trenguitiriz.jpgLugo, 12 de decembro de 2008. Comuneiros das comunidades de Guitiriz e Parga e xunto á alcaldesa de Guitiriz e a presidenta de ADEGA subímonos ao tren até Lugo para reivindicar o mantemento da estación de Guitiriz para os comboios de longo percorrido. Entretanto, a estación de Curtis e Betanzos na liña Ferrol-Barcelona fican abandoadas. Semella que estación chairega vai ser respeitada mais só para o tren a Madrid; a liña de Barcelona xa non parará. Mais a loita continúa polo mantemento e a restiitución dos servizos por ferrocarril en toda Galiza.

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 18 de 589
Advertisement
ceanadal08.jpg
concrios08.gif
Colaboran con ADEGA:
manologarcia.jpg

rasaloba.gif

Enquisas

Que opinas do traslado de ENCE da ría de Pontevedra?
  

Sindicación

Coa axuda de:
lpl.jpg
designed by www.madeyourweb.com
Adega