Menu Content/Inhalt
INICIO. Millor con FIREFOX
Elena Espinosa autoriza outra central hidroeléctrica nos Canóns do Sil ante a inoperancia da Xunta PDF Imprimir E-mail
canon_do_siltn.jpgOurense, 3 de xullo de 2008. ADEGA vén de coñecer a catástrofe ambiental que acaba de autorizar en plena Rede Natura o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño, que preside a ministra ourensá Elena Espinosa. Trátase doutro aproveitamento hidroeléctrico -Santo Estevo II- en central soterrada en pleno canón do Sil. Con esta nova concesión hidroeléctrica a Ibedrola, o río Sil recibirá unha puñalada mortal cuase definitiva. Onde está a promesa do conselleiro de Medio Ambiente de non autorizar máis aproveitamentos no Sil, e moi especialmente este? É este o "peso" que ten a administración galega en Madrid para defender as nosas xoias naturais?
 
II carreira popular do Corgo (Corrubedo) en defensa da costa e contra a barbarie acuícola PDF Imprimir E-mail
O vindeiro domingo 6 de xullo terá lugar a segunda edición da carreira popular deportivo-festeira do Corgo. Con este acto, preténdese reivindicar a protección deste espazo senlleiro da costa galega, moi próximo a Corrubedo, ameazado por unha macrogranxa acuícola. Precisamente nesta localización a consellaría de Pesca, coa aquiescencia de Medio Ambiente, pretende autorizar a meirande piscifatoría de rodaballo proxectada no nefasto Plano Acuícola -a da Laxe Brava- con 308.000 m2. Acode a Corrubedo e participa en defensa da nosa costa e do noso mar!
Organización + información e inscricións: www.cofradiadadorna.com
 
Mesa informativa sobre a problemática ambiental da ría de Ribadeo PDF Imprimir E-mail
ribadeo.jpgEste venres 4 de xullo ás 20h na Casa do Mar de Ribadeo terá lugar unha mesa redonda na que se examinará a problemática ambiental da ría de Ribadeo, protagonizada polos proxectos do peirao das Figueiras, a nave do porto de Ribadeo e o estaleiro proxectado en Castropol.
Intervirán: pola Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo, Evaristo Lombardero co relatorio "Os políticos e a ría"; pola Asociación de Veciños O Tesón de Ribadeo, Xosé María Rodríguez "Historia da ría e momento actual"; e por parte de ADEGA, o noso Vicepresidente Daniel Vispo falará sobre "A ría fronte ao progreso"
 
Réquiem polo río Eume PDF Imprimir E-mail
chamoselotn.jpg30 de xuño de 2008. A recente mortandade de reos no Eume, ao parecer relacionada coa rápida acidificación das augas, débese segundo a Xunta a... o propio río! Esta afirmación da Consellería de Medio Ambiente, botando a culpa ás "características xeolóxicas da canle asociadas ás variacións pluviométricas", lembra a aqueloutra que responsabilizaba "aos ventos e correntes" da chegada do chapapote. Baixo estes eufemismos técnicos agóchase unha preocupante falta de rigor e capacidade, nun intento por eludir as eventuais responsabilidades da administración. Que pasa arrastres das obras da autovía Ferrol-Vilalba ao río Chamoselo, afluente do Eume? Que pasa co aliviado do encoro do Eume?. E que pasará co enorme macrolago ácido que se está a formar na mina de As Pontes? E iso que estamos a falar dun Parque Natural...
 
Protesta das plataformas ante a Xunta pola inminente aprobación do Plano Acuícola PDF Imprimir E-mail
manixunta3tn.jpg26 de xuño de 2008. Ante a inminente aprobación do Plano Acuícola por parte da Xunta, tal e como anunciou a Conselleira de Pesca hai uns días, as plataformas en defensa do litoral organizaron unha concentración de protesta en Compostela. Malia a que a tramitación do Plano Acuícola prevese longa, xa que cada instalación debe pasar pola fase da exposición pública, avaliación ambiental, alegacións e informes, o feito de que o governo galego aprobe o plano sectorial, lexitima ás empresas acuícolas que comezarán as súas xiras de chantaxe por todo o litoral para que os veciños malvendan os terreos baixo a ameaza da expropiación. Unha vergoñenta connivencia do governo galego cos atropelos  dos rodaballistas e un intolerábel seguidismo coa planificación depredadora herdada do PP.
 
Lume Vello na Eira da Xoana PDF Imprimir E-mail
lumevello.jpgEste sábado 28, véspera de San Pedro, convidámosvos a partillar connosco o Lume Vello na Eira da Xoana (Ramil, Agolada) PROGRAMA: Ás 12.00 horas, encontro e traballos na Eira da Xoana. Ás 14 horas, xantar na Eira da Xoana. Despois do xantar, roteiro polas beiras do Ulla até as 19.30 horas. Á tardiña, preparación da fogueira para o Lume Vello. A partir das 21h: animación polos músicos locais (Bico da Balouta) e celebración do Lume Vello con queimada. +info e inscricións: ADEGA-Lugo (982240299)
 
Convenio Proxecto Ríos-Fundación Territori i Paisatge para un proxecto de recuperación de anfibios PDF Imprimir E-mail
analisemostras.jpgCompostela, 25 de xuño de 2008. O convenio asinado entre as dúas entidades pretende desenvolver unha "experiencia piloto" na recuperación de charcas e outros hábitats para anfibios.  A Fundación Territori i Paisatge da Obra Social de Caixa Catalunya, seleccionou por segunda vez unha iniciativa de ADEGA (a primeira foi o Proxecto Ríos) no eido da Custodia do Territorio. Desta volta, o proxecto pretende servir tamén como chamada de atención sobre o serio declive dos anfibios en todo o planeta e, de paso, dar pulo a unha experiencia de custodia e voluntariado ambiental no eido da conservación de hábitats e especies en regresión.
 
A "rexeneración" da praia de Corcubión vai danar ao marisqueo pola remobilización de contaminantes PDF Imprimir E-mail
feroatlantica.gifCompostela, 23 de xuño de 2008. A demarcación galega da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente impulsa un proxecto que pode ocasionar danos graves ao medio ambiente, á actividade económica e mesmo á saúde pública. Trátase do mal chamado "Proxecto de Rexeneración da Praia de Corcubión" actualmente en trámite de exposición pública. Dase a circunstancia de que a Xunta advertíu a Costas da presenza de benzopireno, "de orixe descoñecida", un contaminante orgánico persistente e nocivo para os seres vivos, que coa realización do proxecto podería provocar aumentos significativos da toxidade da zona. Realmente é tan "descoñecida" a orixe deses tóxicos?
 
Celebra con ADEGA un ecolóxico San Xoán... na Eira da Xoana PDF Imprimir E-mail
Este luns día 23, ADEGA convócavos a participar nunha xornada de traballo e convivio na Eira da Xoana (Ramil-Agolada), e de paso, celebrar o solsticio coa a Festa do Lume Novo na noite do 23 ao 24. Haberá diversas actividades (talleres, roteiros) e tamén música e festa. Imprescindíbel incribirse (prazo aberto até o sábado día 21) no local nacional (chamade ao 981570099 ou mandar correo-e a ). Estase a xestionar a posibilidade de quedar a durmir en albergues próximos. Mapa da Eira da Xoana e ligazón a GoogleMaps 
 
Suspendido o certificado FSC de NORFOR (filial de ENCE) polas súas malas práticas ambientais PDF Imprimir E-mail
norfor.jpgSábado 21 de xuño de 2008. A empresa NORFOR (Norte Forestal S.A) filial da pasteira ENCE, viu onte como o orgasnismo FSC Internacional (Forest Stewardship Council) suspendía a súa certificación forestal, atendendo as demandas dos grupos ecoloxistas galegos. O selo FSC pretende distinguir as empresas e produtos que promoven unha explotación sustentábel dos bosques. O motivo desta suspensión son os reiterados incumprimentos en canto aos principios e criterios de FSC denunciados por varios grupos ecoloxistas galegos, entre eles ADEGA. Estes incuprimentos levaron á constatación do uso por parte da filial de ENCE de herbicidas non autorizados e outras prácticas como subsolados profundos e talas a matarrasa.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 18 de 483
Advertisement
Colaboran con ADEGA:
manologarcia.jpg

rasaloba.gif

Enquisas

Que opinas do traslado de ENCE da ría de Pontevedra?
  

Sindicación

designed by www.madeyourweb.com
Adega