Menu Content/Inhalt
INICIO
Nova web de ADEGA 2010 PDF Imprimir E-mail
Dende principios deste mes de abril xa está operativa a nova versión da web de ADEGA baseada na plataforma Joomla de código aberto. Podedes consultala na ligazón que aparece na parte superior da coluna dereita.
Non esquezades actualizar a nova fonte RSS.

free porn
Aneis de plástico en praias e ríos: poluir para limpar? PDF Imprimir E-mail
26 de febreiro de 2010. Nas últimas semanas, milleiros de pezas de plástico apareceron aboiando en ríos e praias. O fenómeno repítese periódicamente por toda a costa galega e cantábrica, formando parte xa da variada "fauna" dos restos de marea. A orixe destas misteriosas pezas non é outra que as instalacións de depuración de augas dos concellos e industrias. A súa función é a de rebaixar a carga orgánica e o nível de nitratos das augas residuais pola actuación dos enzimas e bacterias que levan incorporadas (tratamento biolóxico). Dase pois o paradoxo de que para tratar as verteduras polúense ríos e mares con estas pezas plásticas que tardan ducias de anos en degradarse e que ao ser inxeridas por peixes, mamíferos ou tartarugas mariñas poden causar graves danos.
 
Roteiro polo Camiño Primitivo, de San Romao da Retorta (Guntin) a Melide PDF Imprimir E-mail
camio_primitivo_lugo__melide.jpgDEBIDO ÁS MALAS PREVISIÓNS METEOROLÓXICAS, ESTE ROTEIRO SUSPÉNDESE ATÉ NOVO AVISO. Con este novo roteiro de ADEGA-Lugo percorreremos outra etapa do CAMIÑO PRIMITIVO que, aínda que marca o inicio da cultura xacobea universal e transcorre por lugares de grande interese histórico e ambiental, é obxecto de alteracións humanas, que merecen ser coñecidas e denunciadas. O roteiro ten un trazado suave, coa excepción da subida á serra do Careón, polo que a súa dificultade pode considerarse media.
 
Plano do Litoral: as medidas cautelares, agora máis necesarias que nunca PDF Imprimir E-mail
pol.gifEste 15 de febreiro, varias organizacións ecoloxistas reunímonos co conselleiro de M.A.T.I. para recibir información sobre o POL. ADEGA expresou a preocupación por algúns aspectos normativos do documento, como o feito de que os Planos Sectoriais en vigor (acuícola, eólico, portos deportivos, solo empresarial, estradas...) non estean sometidos ao POL. Tamén interesámonos polas medidas de caución durante a fase de tramitación, logo de que este 17 de maio remate a moratoria da Lei de Medidas Urxentes. Coidamos que é durante a tramitación do POL (uns 7 meses), cando ten máis sentido manter a moratoria urbanística para evitar discrecionalidades e agravios comparativos por parte da administración e desactivar unha carreira desbocada por parte das construtoras para apropiarse do terreo parcialmente "liberado", antes de que o POL entre en vigor.
 
ADEGA ratifica a súa denuncia penal contra ERIMSA por presunto delicto ecolóxico PDF Imprimir E-mail
erimsa.jpgLugo, febreiro do 2010. Este pasado 1 de febreiro ADEGA ratificou ante o xulgado de instrución nº1 de Vilalba a súa denuncia contra ERIMSA por presunto delicto ecolóxico ao invadir unha zona protexida da Rede Natura 2000 (LIC Parga-Ladra-Támoga) para a explotación dunha canteira sen a preceptiva Declaración de Impacto Ambiental, sen autorización urbanística nen tampouco licenza municipal. ADEGA cre que tamén deberan dar conta das súas actuacións neste asunto os responsábeis da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da D. X. de Urbanismo e do mesmo concello de Begonte.
Xa podes baixar o número 60 de CERNA en formato dixital! PDF Imprimir E-mail
botoncerna60.jpgAgora xa podes baixar a versión dixital do nº 60 da revista CERNA. A presente edición presenta na capa unha balanza, símbolo da Xustiza, que nos últimos meses pesou máis do lado da protección medioambiental que da banda dos intereses especuladores e privados. Varias sentenzas favorábeis á defensa e protección do patrimonio natural de Galiza constatan este feito, como as que declaran ilegais o proxecto da piscifactoría de Acuinor en Rinlo, espazo de Rede Natura; os recheos efectuados no Porto de Marín en dominio público marítimo-terrestre; ou a localización dos depósitos de hidrocarburos no peirao do Ferrazo. Preme para baixar a CERNA 60.pdf CERNA 60 (7.48 MB)
 
O Proxecto Ríos presenta na UDC as actividaes do programa de promoción do voluntariado ambiental PDF Imprimir E-mail
presentacin_udc_feb10_20.jpg4 de febreiro de 2010. O Proxecto Ríos ven de apresentar, conxuntamente coa Universidade da Coruña, un programa de promoción do voluntariado no seo de dita universidade. Dentro do Programa de Promoción do Voluntariado Ambiental para o alunado da UDC, o Proxecto Ríos deu conta das actividades e propostas que se están a desenvolver con alunos e alunas dos campus de Elviña e A Zapateira. Estas actividades están relacionadas coa custodia do territorio, unha nova ferramenta en educación ambiental para a conservación da biodiversidade através do voluntariado.

IV Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea PDF Imprimir E-mail
gardarrios_xan.jpgNeste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizaranse accións encamiñadas a eliminar flora exótica e invasora. O voluntariado contará con material axeitado (traxes e botas, material de inspección, guías, etc.) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para o desprazamento do voluntariado empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.praztox.gif
 
2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais: coidar os humidais, unha resposta ao cambio climático PDF Imprimir E-mail
wwd10.jpgEste 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais, para comemorar a sinatura en 1971 da Convención Internacional sobre Humidais en Ramsar (Irán). Este ano, preténdese pór de manifesto a importancia das zonas húmidas para facer fronte aos efectos da mudanza climática. Non abonda coa protección dun humidal: a súa correcta xestión precisa integrar transversalmente as políticas sectoriais (infraestruturas, industria, urbanismo, etc), principais causas da degradación destes espazos. En Galiza temos moitos exemplos de mala xestión das zonas húmidas, como o caso de Baldaio ou o máis recente da Frouxeira. E o novo POL (Plano de Ordenamento do Litoral) non garante que os valiosos humidais costeiros estean libres de "aproveitamentos sustentábeis" como portos deportivos, piscifatorías, recheos e paseos...
"Benvido Míster Átomo": refugallos nucleares por postos de traballo PDF Imprimir E-mail
29 de xaneiro de 2010. Estes días, o ministerio de Industria vai pechar o concurso para que os concellos que o desexen opten ao Almacén Temporal Centralizado (ATC) para os refugallos das nucleares. A imprevisión do lobby nuclear e a complicidade do governo que pasou da moratoria ao "xa veremos" (velaí prórroga de actividade de Garoña) están detrás dunha bochornosa carreira na que os concellos rifan por acoller o ATC co engado dos cartos e os postos de traballo. ADEGA insiste na necesidade de abandonar a enerxía nuclear e poñer data de caducidade ás centrais actuais. As empresas deben ser as responsábeis de xestionar os seus refugallos onde os producen e non socializar os riscos e custos do seu tratamento. E aproveitamos para lembrar ao Sr. Blanco que Galiza foi declarada en 2006 por unanimidade dos tres grupos parlamentares TERRITORIO DESNUCLEARIZADO.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 18 de 757
Nova web de ADEGA 2010...

Advertisement

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo
Colaboran con ADEGA:
manologarcia.jpg

rasaloba.gif

Enquisas

Como afectará ao ambiente o cambio de goberno na Xunta?
  

Sindicación

Coa axuda de:
deplugo.jpg
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA