Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Condado-Paradanta

Condado - Paradanta

Quen somos
Novas
Arquivo
Condado-Paradanta
Reunión informativa sobre os vertidos ao Deva e ao Ribadil Imprimir E-mail
arbo.jpgArbo, 4 de xullo de 2008. ADEGA-Condado Paradanta convoca este sábado día 5 de xullo unha reunión para informar da problemática dos vertidos que están a afectar os ríos Deva e Ribadil e que recentemente obrigaron a cortar o subministro de auga potable tanto no concello de Crecente coma no concello de Arbo. A reunión celebrarase as 8 da tarde no local do antigo sindicato de Arbo e esta aberta a tódolos cidadáns que desexen asistir.
 
ADEGA esixe ao Concello da Cañiza que poña fin aos vertidos industriais do Polígono Imprimir E-mail
vertido_deva__120608__015.jpgA Cañiza 18 de Xuño de 2008. ADEGA quere recordar que por lei lle compete aos responsables municipais vixiar os vertidos que se producen a rede municipal de saneamento, que teñen a obriga legal de protexer a saúde dos cidadáns, ao medio ambiente e as instalacións de saneamento e depuración propiedade dos cidadáns e construídas con cartos dos cidadáns para depurar as augas residuais domesticas e que están a ser deterioradas, hasta o punto de facelas inservibles, polas verteduras industriais que reciben do polígono, para o que non están deseñadas.
 
ADEGA denuncia novos vertidos industriais ao río Deva Imprimir E-mail
12_de_xuo_016.jpgA Cañiza 13 de xuño de 2008. Empresas ubicadas no polígono industrial da Cañiza continúan a realizar vertidos industriais contaminantes e ilegais ao río Deva, a sabendas de que augas abaixo das súas verteduras os veciños de Arbo extraen auga para o seu consumo e de que no río habitan especies protexidas de gran valor ecolóxico como o sapoconcho común ou a lontra.
 
A Delegación de ADEGA na Paradanta amplíase á comarca do Condado Imprimir E-mail
ponteareas.jpg22 de abril de 2008. ADEGA acorda que a nova delegación da Paradanta amplíe a súa base de actuación aos concellos do Condado. Con isto pretendemos ser máis eficaces na busca de solucións aos problemas ambientais destas comarcas e achegarnos máis de preto ás inquedanzas da cidadanía. Dende a súa apertura no 2007 a nova delegación ven levando a cabo numerosas iniciativas en defensa do medio ambiente.
 
Unha canteira destruirá o entorno natural do Coto da Eira en Mondariz e Fornelos de Montes Imprimir E-mail
coto_de_eira.jpgMondariz 3 de abril de 2008. Unha canteira de granito promovida por Granitos Miñor SL destruirá o entorno natural do Coto da Eira. A zona afectada do Coto da Eira foi proposta hai escasos meses no pleno do Concello de Mondariz como Espazo Natural de Interese Local e votada favorábelmente polos representantes do PSdeG-PSOE e BNG namentras que foi rexeitada polo goberno local do PP. ADEGA quere preguntar que intereses defende o alcalde do Concello de Mondariz que prefire destruir o Coto da Eira a protexer un espazo de evidente interese natural.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 9 de 14
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA