Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Pontevedra
Pontevedra
Marcha anual contra as celulosas 2009 Imprimir E-mail
Cartaz marcha 200911 de xuño de 2009. ADEGA apoia a tradicional marcha anual contra a celulosa convocada pola APDR que terá lugar este sábado 13 de xuño ás 19:30 saíndo dende as alamedas de Marín e Pontevedra. ADEGA chama a unha ampla participación social nesta mobilización para facer patente o noso rexeitamento a esta industria contaminante a esixir a súa saída inmediata de Lourizán.
Porque a recuperación da ría, da saúde e dos postos de traballo non pode agardar máis: hoxe máis que nunca, CELULOSAS FÓRA DA RÍA!
 
ADEGA lamenta a ignorancia ambiental do alcalde de Ogrobe sobre os efectos do campo de golf na ZEPA Imprimir E-mail
grove_praia.jpgPontevedra, 13 de xaneiro de 2009. O analfabetismo ambiental do alcalde de Ogrobe, José Cacabelos, resulta abraiante e impropio dun rexedor municipal. Este alcalde comparou o proxecto de campo de golf no monte Siradella coa planificación dos novos parques eólicos!!!, aducindo que se estes van situarse dentro da Rede Natura tamén se pode facer o propio co campo de golf (ou sexa, "café para todos"). Resulta preocupante este descoñecemento da lexislación ambiental que, precisamente, un responsábel público debe respectar e facer cumprir.
 
ADEGA rexeita un proxecto campo de golf en plena ZEPA de Ogrobe Imprimir E-mail
golf.gifPontevedra, 15 de decembro de 2008. A ubicación que se propón para este campo de golf no Monte Siradella afectará a un ecosistema de grande importancia, protexido por diferentes figuras legais e administracións: é Zona de Especial Protección Para as Aves (ZEPA-UE), Lugar de Interese Comunitaria (LIC-UE), Humidal de Importancia Internacional (Convenio Ramsar), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (Xunta de Galiza), e Humidal Protexido (Xunta de Galiza).
 
ADEGA axudará aos veciños de Tremoedo (Vilanova de Arousa) para reducir o impacto do polígono Imprimir E-mail
img_0009.jpgTremoedo, decembro de 2008. ADEGA ven de reunirse cunha comisión de afectados/as para coñecer as propostas veciñais sobre o Polígono Industrial Tremoedo-András que ocupará máis de 900.000 m2 de terreos nas inmediacións do Monte Lobeira en Vilanova de Arousa. ADEGA comparte as preocupacións acerca da escasa distancia dalgúns viais do polígono coas casas de Tremoedo e advirte que a planificación do novo polígono deberá axustarse aos núcleos existentes e non ao revés.
 
ADEGA denuncia a construcción dunha depuradora en Amoedo sen permiso de vertido de Augas de Galiza Imprimir E-mail
amoedo_plano.jpg24 de Outubro de 2008. En marzo de 2008 ADEGA tivo noticias dunhas obras sospeitosas no lugar de Amoedo, concello de Pazos de Borbén. Estas obras non presentaban o preceptivo cartaz de licencia de obra co motivo da mesma e o seu promotor. Despois dunha petición de información ao concello, soubemos que a obra era unha depuradora compacta de augas fecais para o saneamento do lugar de Amoedo e que supostamente contaba coa licenza de obra municipal .
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 9 de 54
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA