Menu Content/Inhalt
INICIO arrow O Carballiño

O Carballiño

Quen somos
Novas
Arquivo

mpmn.jpg

O Carballiño
ADEGA comparte as críticas sobre a xestión da canceira do Carballiño Imprimir E-mail
inmundicia.jpgCarballiño 17 de Decembro de 2008. A xestión da canceira do Carballiño só pode ser cualificada como moi deficiente. A cantidade de axudas aportadas polas administracións públicas non se corresponde coas melloras efectuadas no recinto que seguen sendo insuficientes. Cómo pode ser que despois de facerense obras por valor de 250.000 € o recinto non instalara nin auga corrente nin luz, cando isto é absolutamente esencial para o funcionamento dunha canceira.
O Concello de Avión aproba solicitar a declaración de ENIL para o río Couso Imprimir E-mail
rio_couso.jpgAvión, 3 de decembro de 2008. O pasado venres 28 de novembro o Concello de Avión acordou por unanimidade declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) a área do río Couso que está ameazada pola construción dunha minicentral. A proposta foi feita a instancias de ADEGA e da veciñanza da parroquia de Amiudal, ten como obxectivo protexer tanto o val do río Couso como unha histórica levada que está construida alomenos dende hai 100 anos.
 
Matar por Matar Non e ADEGA e denuncian irregularidades e secretismo en Maside Imprimir E-mail
imagen022.jpgO Carballiño 1 de Setembro de 2008. ADEGA e “Matar por matar,NON” veñen denunciar a política, depredadora co territorio e desleal cós veciños, da alcaldía de Maside así como a complicidade coa do Carballiño e coa Xunta de Galicia en prexuízo dos intereses dos seus veciños.
ADEGA denuncia atentados ecolóxicos en Listanco Imprimir E-mail
muio_do_barazal_2.jpgCarballiño 29 de Agosto de 2008. ADEGA-O Carballiño,denunciou no dia de onte ante a Garda Civil do Carballiño diversas actuacións das empresas que constrúen o enlace coa autoestrada Ourense–Dozón, á altura de Listanco. Por mor dos movementos de terras estanse producindo importantes danos no rio Listanco,afluente do Barbantiño.Non se fan balsas de decantación ,polo que os lodos discurren libremente rio abaixo causando a destrucción da flora e da fauna piscícola.
Unha nova minicentral ameaza o río Couso en Avión Imprimir E-mail
rio_couso.jpgO Carballiño 30 de Xullo de 2008. A Declaración de Impacto Ambiental dunha nova minicentral no Río Couso no Concello de Avión acaba de ser recentemente aprobada polo Ministerio de Medio Ambiente (foi publicado no BOE do 14 de Xullo de 2008). A zona afectada polo proxecto corresponde ao treito augas arriba da aldea de Pascais e dispón dunha interesante vexetación de ribeira sendo unha zona bastante virxe.
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 9 de 12
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA