 Nesta fin de semana desenvolveranse diversos actos en defensa de A Fervenza e do río Figueiras organizados pola Plataforma Furapresas, da que fai parte ADEGA: queremos contar coa túa participación para defender o patrimonio cultural, turístico e ambiental de Mondoñedo contra a desfeita das minicentrais. O sábado 13 de xuño temos previsto unha proxección de fotos na Praza do Concello ás 23:00h e o domingo 14 imos ter varios actos reivindicativos na defensa dos ríos Tronceda e Figueiras que consistirán nunha marcha dende Os Muiños, facendo varias escalas, até A Fervenza (Piscina do Coto) para rematar cun xantar popular. |
|
 O venres 20 de febreiro, as 20:00 terá lugar na casa do Mar do Concello de Ribadeo, a charla presentación do Programa Compostaxe Caseira, a cargo de ADEGA. A charla de iniciación a compostaxe está aberta a todo o público interesado na compostaxe de residuos orgánicos. Nela se explicará o desenvolvemento do Programa de Compostaxe Caseira no concello de Ribadeo, e se darán as indicacións necesarias para compostar os residuos orgánicos e transformalos nun compost que poderá ser empregado como sustrato ou fertilizante. |
|
Mondoñedo, 17 de febreiro de 2009. Diversas asociacións e entidades de Mondoñedo e da Mariña, entre as que figura ADEGA, vimos de constituir a PLATAFORMA FURAPRESAS que tentará evitar a construcción de 2 minicentrais en pleno LIC da Serra do Xistral. Trátase das minicentrais previstas no río Tronceda e no río Figueiras que contan cun amplo rexeitamento por parte dos veciños e veciñas de Mondoñedo. |
|
Mondoñedo 11 de Febreiro de 2009. Hai uns días os responsables de Augas de Galiza declaraban o seguinte: “las dos minicentrales que Norvento y Segel pretenden construir en el río Figueiras y en A Fervenza cuentan con concesión aprobada y ésta es legal” As concesións firmes dos aproveitamentos hidroeléctricos non garanten unha posterior aprobación dos proxectos constructivos, xa que os mesmos deben cumprir integramente uns determinados requisitos que permitan a súa aprobación. Segue...
|
|
 Maña xoves día 5 de Febreiro de 2009 ás 20:30 horas, no “Centro Comarcal de A Mariña Central” en Mondoñedo, terá lugar unha xuntanza aberta a tódolos mindonienses para analizar a situación actual no que se refire as concesións administrativas para a construcción das minicentrais hidroeléctricas nos ríos Tronceda e Figueiras. Nesta reunión, proporase a constitución dunha plataforma de oposición a estes proxectos, xa que de levarse a cabo danarían de forma irreversible importantes recursos de Mondoñedo, principalmente o turismo e o medio ambiente. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 9 de 26 |