 Este vindeiro domingo 6 de setembro a partir das 11:30h. Dende hai xa anos, a Asociación Galega de Apicultura (AGA), colabora con ADEGA na promoción de prácticas inocuas, quer na agricultura, quer na xestión de masas vexetais, tendo unha posición clara e coincidente a prol da sustentabilidade e contra o uso indiscriminado de herbicidas e outras prácticas prexudiciais para as abellas. A instalación da alvariza dentro do equipamento ambiental rural da Eira da Xoana (Ramil, Agolada) pretende incidir neses aspectos, servindo ademáis como valioso elemento didáctico e divulgativo. |
|
 O domingo 30 de agosto, xuntarémonos na praza do concello de Palas de Rei para iniciar sobre ás 11h unha nova MARCHA IRMANDINHA ao Castelo de Pambre. Diferentes asociacións de Palas, a comarca da Ulloa e o Alto Ulla, entre as que se atopa ADEGA, logo de 20 anos pedindo a posta en valor deste patrimonio sobranceiro e logo de que durante outros 4 tentárase a súa apertura ao público sen conseguilo, estamos certos de que OS TEMPOS SON CHEGADOS. Hoxe máis que nunca precisamos que unha manchea de xente faga súa esta loita en defensa da lei e do noso patrimonio. Anímate a acompañarnos! Previamente, o sábado 29 teremos unha xornada de traballo e portas abertas na Eira da Xoana, o equipamento ambiental de ADEGA na comarca da Ulloa e a un paso do Castelo de Pambre. |
|
|
21 de marzo. O Día Forestal Mundial ou DÍA DA ÁRBORE celébrase cada 21 de marzo coa intención de impulsar a protección e coidado dos nosos bosques. Nesta data, é xa tradicional realizar plantacións, como a que ADEGA organiza en Ramil (Agolada). Porén, e aínda que a todos/as gostarianos contribuir plantando unha árbore, a realidade é que moitas veces non podemos por cuestión de tempo ou de espazo físico para facelo. Por iso, dende ADEGA apuntamos 10 ideas para comezar a poñer en prática e que redundan en beneficios para os bosques sen ter que sair ao monte a plantar un carballo ou un castiñero (que tamén). |
|
Melide, 18 de febreiro de 2009. ADEGA ven de constituir recentemente unha nova delegación comarcal no centro de Galiza, a do ALTO ULLA, que comprende as comarcas de Arzúa, Melide, Deza e A Ulloa. Os membros da nova directiva serán: Presidente, Manuel Ferro, de Lalín; Secretario, Marcial Barral, de Palas de Rei e o Tesoureiro será Óscar Lama, de Melide, alén doutros compañeiros e compañeiras nas vogalías da Xunta Directiva. |
|
14 e 15 de marzo. A Plataforma Social pola Defensa do Alto Ulla, empresas de turismo activo, ADEGA e asociacións culturais e deportivas, co amparo da Federación Galega de Canoaxe, pretendemos poñer en valor de xeito sustentábel un recurso natural, o río Ulla, referente das comarcas do Alto Ulla. As torrentes de Mácara-Ramil atópanse logo do balneario de Frádegas, pouco antes de unirse ao río Pambre, a 2 km río abaixo do castelo de Pambre. É posibelmente o conxunto de torrentes máis longo e fermoso de Galiza. |
|
|
|