Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Acceso á Información
Acceso á Información

Un sistema democrático só pode desenvolverse con plenitude, cando a sociedade é educada e informada de maneira axeitada. Para isto, é esencial contar non soamente cunha boa estratexia de comunicación do governo, senón tamén coa efectiva implementación das ferramentas necesarias para acadar tal obxectivo, entre as cales atópase o dereito de acceso á información ambiental.

Este dereito permite unha maior concienciación da cidadanía na protección do medio ambiente, potencia a participación das persoas na toma de decisións e posibilita un maior control e unha maior transparencia das actuacións ambientais da Administración. A garantización do seu exercicio efectivo é unha necesidade básica de hixiene democrática.



Regulación do Dereito de Acceso á Información en Materia Ambiental Imprimir E-mail

A regulamentación do dereito, a lexislación, o procedemento administrativo, etc.

Modelo de solicitude de información á administración Imprimir E-mail
Descargar en Modelo_solicitude.pdf Modelo_solicitude (11.13 KB)
Enderezos de interese para presentar solicitudes de información e/ou reclamación Imprimir E-mail

Onde presentar as solicitudes

Convenio de Aarhus Imprimir E-mail

Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente,  asinado en Aarhus (Dinamarca) o 25 de xuño de 1998 - Convenio de Aarhus.pdf Convenio de Aarhus (317.40 KB)

designed by www.madeyourweb.com
ADEGA