Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Ourense
Vídeos ADEGA-Ourense: a seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

Ourense
Dous encoros menos no Sil grazas a ADEGA: comezamos ano cunha boa nova Imprimir E-mail
No Barco de Valdeorras, 1 de febreiro de 2010. AS ALEGACIÓNS DE ADEGA FORON DETERMINANTES PARA REXEITAR OS NOVOS ENCOROS PROXECTADOS NO SIL. ADEGA expresa a súa sorpresa por que Medio Ambiente fora máis escrupuloso co informe de impacto ambiental dos proxectos da zona valdeorresa, que non está incluida na Rede Natura, que nos da Ribeira Sacra, que teñen todas as proteccións comunitarias. Tamén cabe lembrar que o Salto do Barco tería unha afección sobre o «Descenso internacional do Sil», polo que é preciso lembrar para xeracións futuras que esta proba deportiva das Festas do Setembro da capitalidade comarcal estivo ameazada por este proxecto, para que sexa tida en conta na memoria da poboación do Barco xunto coa relación desta vila abeirada no río Sil.
 
A mancomunidade de Couso-Frieiras verte toneladas de lixo no monte, a carón da empacadora Imprimir E-mail
vertedoiro.jpgOurense, 1 de decembro de 2009.  ADEGA e moitos veciños/as da Gudiña estamos indignados pola tomadura de pelo e a fraude coa que actua o Sr. Alcalde e demáis equipa do concello. Están a botar o lixo directamente no monte a carón da planta empacadora sen que lle caia a cara de vergoña. Esta actividade ilegal supón un gravísimo problema para o medio ambiente polos efectos de contaminación das augas e riscos de lumes forestais. É tamén un exemplo neglixente da utilización dos fondos europeos de desenvolvemento (FEDER). A Deputación de Ourense foi a encargada de xestionar estes fondos para a construción das plantas empacadoras das mancomunidades de concellos. Algunhas nunca foron utilizadas para a fin destinada nos orzamentos públicos. Velaí outra consecuencia do insustentábel modelo SOGAMA que o goberno da Xunta está pensando en clonar para o sur de Galiza.
 
A Xunta recurta o Parque Natural da Baixa Limia para beneficiar a Iberdrola Imprimir E-mail
porn1.jpgCompostela, 2 de novembro do 2009. O pasado 30 de marzo aprobábase o  PORN (Plano de Ordenación de Recursos Naturais) do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, cun ámbito de aplicación de 29.762 hectáreas. Sorpresivamente, este 29 de outubro o Decreto 401/2009, declara o ámbito territorial do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, que non só reduce a extensión en 417 hectáreas, senón que a redución lévase a cabo nunha "zona A" que o PORN catalogaba como de maior valor ecolóxico-ambiental. Dende ADEGA acreditamos que esta redución non está fundamentada en criterios científicos de avaliación dos valores ecolóxicos da zona afectada, senón que obedece exclusivamente ao interese de Iberdrola, compartido polo Alcalde e tenente-alcalde de Bande, por ampliar o parque eólico de Vieiro e instalar un horto solar dentro da zona do parque natural que o Decreto 401/2009 ven de “eliminar”. É así como se "blinda" a Rede Natura?
A LAT (Liña de Alta Tensión) Trives-Aparecida: relato dunha fraude política Imprimir E-mail
notta.jpgEn Viana do Bolo, no 30 de setembro. A Plataforma NOTTA (www.notta.es) -NON AO TRAZADO TRIVES-APARECIDA- constituída nos concellos da Póboa de Trives, Manzaneda, Viana do Bolo, A Gudiña e A Mezquita oponse ao trazado da Liña de Alta Tensión Lubián-Zamora, que ten inicio en Trives e remate na Aparecida. A pesares de non terse formulado a correspondente Declaración de Impacto Ambiental e, polo tanto, non aprobarse trazado algún, a empresa promotora RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA estivo negociando e adquirindo dereitos e servidumes para esta liña, o cal é tremendamente sospeitoso e denota que REE estivo actuando de mala fe.

Os razoamentos dunha fraude:

  • Porque o procedemento é totalmente inaceptábel desde o punto de vista da legalidade vixente ao ter a empresa decidido o trazado antes de terse formulado a correspondente Declaración de Impacto Ambiental.

  • Porque o Estudo de Impacto Ambiental é totalmente ilegal ao non contemplar os impactos sobre o patrimonio e non describir, nen cuantificar nen avaliar os impactos das alternativas de trazado non seleccionadas.

  • Porque o Estudo de Impacto Ambiental incumpre a Directiva 92/43/CEE e coa Lei 42/2007 ao afectar a Lugares de Importancia Comunitaria con hábitats prioritarios, sen antes xustificar que non poida haber ninguna outra alternativa de trazado nen explicar cais son as razois imperiosas de interese público que poidan xustificar tal afectación.

  • Porque, ademáis, como se advirte no Informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no Estudo de Impacto Ambiental nen están estudados todos os impactos que ocasionará o trazado (como son os de viais de acceso aos puntos de apoio dos que nada dice) nen existen as medidas compensatorias ás que obriga a Directiva 92/43/CEE.

  • Porque tampouco se tiveron en conta as afectacións á saúde pública, nen á recomendación da "Subdirección General de Sanidad Ambiental y Salud Laboral del Ministerio de Sanidad y Consumo".

     

Un pobo enteiro limpará o seu río Imprimir E-mail
171.jpg En Seixalbo, no 27 de setembro. A localidade histórica de Seixalbo (freguesía do concello de Ourense) implicarase na limpeza do seu río, o Barbaña. Coincidindo coa data na que ADEGA e o Proxecto Ríos organizan a limpeza dos cursos fluviais galegos, a veciñanza de Seixalbo únese a esta iniciativa de coidado e defensa dos ríos.
 
Arde Ourense mentras a Xunta denega información Imprimir E-mail
cea_incendio.jpgOurense, no 12 de setembro. O territorio distrital de Ourense é pasto das lapas. Miles de hectáreas de bosque e monte baixo están a arder diante da desesperación dos veciños e habitantes do medio rural. A Xunta está a ocultar información sobre o número de focos e as hectáreas queimadas. Se a primeiros da tempada estival ADEGA, en comunicación cos habitantes e afectados das zonas rurais detectaba importantes lumes dos que non se ofrecía información (no Teixadal de Casaio, en Vilardevós, que calcinou un cuarto do territorio do concello), na altura do final do verao continúa a política de censura informativa e ocultación dos datos que contrasta coa información dos propios concellos damnificados.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 11 de 108
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA