Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Lugo
Vertedura de pneumáticos a carón do Miño
Lugo
ADEGA LUGO PATRIMONIO non se opoñen á mellora a estrada de Torés, si a planificación contraria a lei Imprimir E-mail

torre_de_tors..jpgLugo a 10 de marzo de 2010.-Reclaman que as medidas correctoras previstas na mellora da estrada e anunciadas polo Servizo de Cultura de Lugo se fagan públicas para o coñecemento do público xeral. E animan a que se tomen medidas para conquerir a demolición da praza de formigón do lugar que agrede ao contorno paisaxístico e cultural da zona, tal e como tamén recoñecen os veciños e veciñas de Torés.

ADEGA denuncia de novo a contaminación do río Rato debido ás obras do polígono das Gándaras. Imprimir E-mail

contaminacion_no_rio_rato..jpgLugo, a 4 de marzo de 2010.- ADEGA vén de denunciar ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Dirección Xeral da Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural a contaminación do río Rato por arrastre de sedimentos procedentes das obras do novo polígono das Gándaras e a falta ou abandono dos labores de mantemento das barreiras que impedían que as lamas e lodos foran parar a unha das principais nacentes do Río Rato.

ADEGA media entre os veciños de Loentia (Castro de Rei) e a empresa AGROAMP por problemas cos lodos Imprimir E-mail
lodos.pngLugo 17 de febreiro do 2010. En relación aos verquidos de lodos que durante os últimos meses se veñen producindo no lugar de Espenuca no Alto do Condado, ADEGA, a Asociación de Veciños da parroquia de Loentia en Castro de Rei,  e os representantes das empresas AGROAMP e Trigueiro, encarregadas do tratamento e do transporte dos lodos respeitivamente, reunímonos este pasado día 23 para ver de solucionar o grave problema ambiental e as molestias causadas polo depósito e a incorrecta xestión destes materiais.
Roteiro polo Camiño Primitivo, de San Romao da Retorta (Guntin) a Melide Imprimir E-mail
camio_primitivo_lugo__melide.jpgDEBIDO ÁS MALAS PREVISIÓNS METEOROLÓXICAS, ESTE ROTEIRO SUSPÉNDESE ATÉ NOVO AVISO. Con este novo roteiro de ADEGA-Lugo percorreremos outra etapa do CAMIÑO PRIMITIVO que, aínda que marca o inicio da cultura xacobea universal e transcorre por lugares de grande interese histórico e ambiental, é obxecto de alteracións humanas, que merecen ser coñecidas e denunciadas. O roteiro ten un trazado suave, coa excepción da subida á serra do Careón, polo que a súa dificultade pode considerarse media.
 
Xulgado de Lugo confirma actuación dos veciños e o concello de Friol en defensa dun camiño publico. Imprimir E-mail

seren.jpgLugo 8 de febreiro do 2010. O concello, a instancias dos vecinos afectados, ordenara repoñer o camiño público usurupado polos responsables da empresa Fontnatura. 

ADEGA e PAEXGA alertan sobre a proliferación da Herba da Pampa na A-6. Imprimir E-mail

herbadapampa01.jpgLugo 3 de febreiro de 2010.ADEGA, xunto coa Protectora de Animais Exóticos de Galicia (PAEXGA), insta ás intitucións correspondentes a que eliminen a Herba da Pampa da A-6, por ser unha especie vexetal invasora.

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 11 de 150
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA