Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Lugo
Vertedura de pneumáticos a carón do Miño
Lugo
ADEGA denuncia deficiencias no camiño primitivo entre Castroverde e Lugo Imprimir E-mail
fotos_do_camio_primitivo_castroverde_lugo..jpgLugo, a 21 de decembro de 2009.- O pasado domingo 20 de decembro ADEGA Lugo e a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde realizamos un roteiro polo treito do Camiño Primitivo a Santiago entre Castro Verde e Lugo. Alí os participantes poideron comprobar a inxente cantidade de deficiencias e descoidos que está a sufrir esta vía histórica por mor, na maioría dos casos, da inexistencia de sensibilidade cultural por parte da administración, ben local ou autonómica. Isto resúmese na invasión da vía histórica, na non identificación desta, no descontrol das actividades (canteiras, areeiras) e obras que se están a efectuar no contorno da vía ou sobre dela, na desvalorización e, portanto, no desprezo dos seus elementos naturais e culturais.
20 de Nadal: roteiro polo Camiño Primitivo, de Paradavella a Lugo Imprimir E-mail
foto_roteiro_paradavella__lugo..jpgNesta ocasión, o roteiro realizarase conxuntamente coa asociación "Amigos do Patrimonio de Castroverde" cos que coincidimos na necesidade de reivindicar, ás portas do Xacobeo 2010, unha maior protección dos valores históricos e ambientais desta singular ruta, considerada o primeiro camiño de peregrinación a Santiago do que se ten referenza e que marca, portanto, o inicio da cultura xacobea universal. A pesares da riqueza deste Camiño, teremos ocasión de comprobar “in situ” o seu deficiente estado.
 
Premios do I concurso fotográfico "Agresións ás augas continentais galegas" Imprimir E-mail
expo1.jpgLugo, 3 de decembro de 2009. ADEGA vén de facer entrega dos oito premios do concurso de fotografía “Agresións ás augas continentais galegas” e inaugurou a exposición de fotos no Centro Sociocultural Uxío Novoneira de Lugo. O concurso fotográfico acadou o seu obxectivo de facer partícipe á sociedade galega na denuncia en imaxes das irregularidades acometidas nos efluentes galegos e os impactos que a actividade humana xenera nos ríos, lagoas ou outro tipo de augas continentais de Galiza. En total, son arredor de 30 fotografías de ríos contaminados, encoros hidroeléctricos, lixo nos efluentes, etc., debidamente situadas xeográficamente polos seus autores e autoras. Grazas a todos e todas!
O TSXG anula o acordo do consello da Xunta que aprobou a piscifatoría de Rinlo Imprimir E-mail
Lugo, 18 de novembro de 2009. O TSXG volta a desacreditar as actuacións do goberno Fraga respecto da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo). Logo de que o TSXG emitira sentenza este 23 de setembro contra a resolución da D. X. de Calidade e Avaliación ambiental do último goberno Fraga, que aprobaba a DIA da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo), agora vén de emitir outro fallo que anula o acordo do Consello da Xunta de 28-7-2005, que aprobaba o Proxecto Sectorial da planta de acuicultura de Acuinor S.L. Ambas sentenzas, favorábeis aos recursos contenciosos interpostos por ADEGA en setembro de 2005, ratifican os motivos polos que os ecoloxistas denunciabamos a execución da planta de acuicultura de Acuinor. Pero nesta segunda sentenza destácase, sobre todo, a desconsideración do goberno Fraga polos aspectos ambientais do lugar (LIC As Catedrais, Rede Natura) obxecto de instalación da piscifatoría de Álvarez-Cascos. Baixa a Segunda sentenza Rinlo.doc Segunda SENTENZA RINLO (1.12 MB)
25 de outubro: roteiro á serra do Iribio. De Triacastela a Samos. Imprimir E-mail
foto_iribio_1.jpgLugo, outubro de 2009. Iniciamos o ciclo de roteiros de ADEGA Lugo 2009-2010 acudindo a un lugar emblemático das Serras orientais, trátase da Serra do Iribio. Ameazada por distintos proxectos de grande impacto aínda hoxe sobrevive amosando a súa grandiosidade aos ollos dos pobos de Triacastela e Samos e de toda Galiza. Contamos para iso coa colaboración da Asociación Sociocultural do Iribio, un colectivo que tenta reivindicar, dende o seu nome orixinal (Iribio, e non Oribio) até o seu legado histórico e patrimonial.
 
Participa no novo programa de roteiros 2009-2010 de ADEGA-Lugo Imprimir E-mail
grupo_courel.jpgLugo, 21 de outubro 2009. Dende hai anos, ADEGA-Lugo organiza unha xeira mensual de roteiros  nos que temtamos combinar o obxectivo lúdico co reivindicativo: ao tempo que camiñamos, gozamos da natureza e coñecemos o noso país, procuramos que a nosa presenza sirva para mover conciencias, denunciar agresións ambientais, sobresaír o valor ecolóxico dos nosos espazos naturais e reclamar a súa protección. Esta nova xeira estará centrada na problemática ambiental do Camiño Primitivo.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 12 - 22 de 150
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA