 ADEGA-Lugo segue coa programación de roteiros deste curso que están artellados arredor do cambio climático, un fenómeno que, aínda sendo global, inflúe en cada recuncho de Galiza. O roteiro deste mes ( domingo 30 de marzo) discorre pola bisbarra dos Ancares, polo que ao tempo que camiñamos gozando da fermosa paisaxe, pretendemos que a nosa presenza sirva para mover conciencias sobre as consecuencias que o cambio climático ten sobre o sistema agroforestal en Galiza, especialmente contribuindo á “praga” dos lumes forestais. |
|
3 de marzo de 2008. No mesmo lugar onde o TSXG prohibira queimar pneumáticos, a Consellería de M. A. autorizou á cementeira COSMOS a incinerar durante 15 días 500 toneladas de resíduo lixeiro de fragmentadora de veículos fóra de uso (isto é tapicerías, plásticos etc.), amosando unha falta total de respecto polas decisións da xustiza. O tribunal fallara que na cementeira de Oural non se poden incinerar rodas por non cumprir as distancias de seguridade. A contaminación provocada pola queima destes resíduos é potencialmente maior que a xerada polos pneumáticos. Resposta XUNTA OURAL |
|
|
28 de febreiro de 2007. Através dos compañeir@s asturian@s da Coordinadora Ecoloxista d´Asturies vimos de coñecer que a empresa "SALTOS DEL NAVIA" ven de presentar o proxecto dun novo salto na bacía do río Navia, afectando aos concellos da Fonsagrada e Navia en Galiza e Ibias en Asturies. O encoro, de 93 m de alto e 123,6 Hm3 de capacidade, engádese aos outros tres grandes encoros no Navia e causaría graves impactos ambientais e socioeconómicos por afectar ao espazo da Rede Natura e Reserva da Biosfera (LIC Ancares-Courel) que Medio Ambiente quere convertir en Parque Natural. |
|
|
Lugo, a 25 de febreiro de 2008. Na comarca dos Ancares, a Consellería de Medio Ambiente está levando, xunto cos alcaldes de Cervantes e Navia, unha serie de reunións cos veciños co obxectivo de explicar en que consistiría o novo parque natural. Por outra banda, desde os medios de comunicacións parece unánime a repulsa veciñal á creación deste entorno protexido. Ante isto, ADEGA quere recalcar que, malia o que todo se está a dicir, hai veciños que sí desexan o parque ou, polo menos, están a informarse. Por outra banda, os grupos políticos representados nestes concellos non están a poñer todo da súa parte para informar con rigurosidade e por sectores as consecuencias beneficiosas desta proposta. Por todo isto, ADEGA reclámalle á Consellería e ós concellos que fagan o esforzo necesario para buscar solucións á convivencia nesta comarca, pois a súa conservación ambiental, xunto coa agricultura e o turismo constitúen o futuro da zona.
|
|
19 de febreiro de 2007. Seguindo co programa de roteiros 2007-2008 de ADEGA-Lugo, este domingo 24 de febreiro achegarémonos ás terras de Chantada, na Ribeira Sacra, en pleno Val do Miño, cun roteiro a carón dos encoros de Belesar e dos Peares. Cruzaremos en barca o río máis importante de Galiza para, alén de desfrutar dunha xornada en contacto coa natureza, reivindicar unha mellor xestión da auga en Galiza. Os usos domésticos, ambientais e agrogandeiros deben prevalecer sobre os enerxéticos! |
|
|
Lugo, 11 de febreiro de 2008. ADEGA denunciou o pasado decembro unha serie de irregularidades na construcción dunha ponte na parroquia de San Acisclo (Foz), nas obras do novo vial de Foz a Ferreira. Os feitos denunciados eran graves, e veñen de confirmarse en dúas denuncias interpostas polo SEPRONA. Non se pode esquencer que o Río Ouro, ó seu paso por San Acisclo, está protexido por ser parte da Rede Natura e é zona de Especial Protección de Valores Naturais. Debido a isto, engadido ás múltiples irregularidades cometidas, dende ADEGA estamos convencidos de que a Consellaría de Política Territorial equivocouse ao non ter solicitado unha avaliación de impacto ambiental para o proxecto desta estrada. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 67 - 77 de 150 |