Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas
Novas
Continúan as actividades do Programa de Educación Ambiental do concello de Compostela Imprimir E-mail
xogoauga.jpgDespois do paréntese do nadal, as actividades de Educación Ambiental en centros escolares de Santiago continuarán mañá no Colexio San Jorge, onde se farán duas sesións informativas e obradoiros dentro da temática dos saberes autóctonos, participando un total de 50 alumnos de infantil. A finais desta semana as actividades continuarán no IES do Sar dentro da temática do cambio climático, con alumnos de 2º da ESO. No mes de febreiro adicaremos a primeira semana ao consumo sustentábel facendo visitas guiadas á Praza de Abastos con alumnos/as de infantil do colexio Compañía de María.
 
Todo o mes de agosto en Compostela: VIVE O VERÁN 2009 con ADEGA Imprimir E-mail
viveoveran.pngCompostela, agosto de 2009. ADEGA participa na programación de VIVE O VERÁN do concello de Santiago de Compostela coa realización de Obradoiros Medioambientais todos os mércores de 11:00 a 13:00 h na Alameda, no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns. Estes Obradoiros Medioambientais supoñen unha excelente fórmula para experimentar e ampliar a educación ambiental, e están orientados a público infantil de 4 a 12 anos, previa inscrición nos centros socioculturais de Compostela.
 
Mobilízate con ADEGA contra as "novilladas" en Negreira Imprimir E-mail
novillada_negreira_web.jpgNegreira, 9 de xullo de 2009. Ante a próxima convocatoria dunha nova "novillada" para o día 11 de xullo en Negreira, ADEGA e outras asociacións ecoloxistas e animalistas como ABEIRO e LIBERA, integradas na plataforma "GALIZA, MELLOR SEN TOURADAS" voltamos a convocar unha mobilización de protesta. Este lamentábel espectáculo fomenta a tortura e o sufrimento gratuíto dos animais, e non é necesario para poder disfrutar das festas tradicionais e do tempo de lecer neste verán. Maniféstate con nós este vindeiro sábado 11 de xullo ás 16h en Negreira.
 
Feira do Sol 2009 en Compostela Imprimir E-mail
feirasol09.jpgCompostela, 20 de xuño de 2009. Durante mañá e a tarde do sábado día 20, no paseo central da Alameda de Compostela, desenvolveranse as actividades da FEIRA DO SOL 2009. Os actos comezarán ás 11:30 horas e prolongaranse durante todo o día até as 20:00 h. Haberá cociña solar con degustación de produtos ecolóxicos, contacontos, obradoiros de fabricación de xoguetes solares, percorridos en bici e unha manchea de actividades lúdico-participativas. Dende ADEGA colaboraremos cun posto informativo e realizaremos un obradoiro de FOGARES VERDES para o aforro de auga e enerxía no fogar.
Baixa o cartaz da Feira do sol 09.pdf FEIRA DO SOL 2009 (0,2 MB)

Inauguración en Sigüeiro da exposición "O LOBO, UNHA CARREIRA POLA SUPERVIVENCIA" Imprimir E-mail
exposig1.jpgInauguración 2 de abril ás 20:30h na sala "Pedro Miras" de Sigüeiro. Logo do seu paso pola Coruña e Compostela, este xoves 2 de abril chegou a Sigüeiro (Oroso) a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. A exposición pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats. Reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Ficha tecnica EXPOLOBO.pdf FICHA TÉCNICA (60 KB) Mira os CROMOS do acto!
 
ADEGA presenta os resultados do programa "Fogares Verdes" en Compostela Imprimir E-mail
Compostela, 18 de marzo 2009. FOGARES VERDES é un programa de educación ambiental no que, mediante visitas porta a porta, anímase a  tomar medidas para reducir o consumo de recursos, nomeadamente auga e enerxía, a nível doméstico. Durante o 2008, cincuenta fogares composteláns recibiron as visitas das educadoras de ADEGA, para comprender a importancia do uso responsábel dos limitados recursos naturais. En canto aos resultados, conseguiuse unha rebaixa do 14,5% no consumo de auga (o obxectivo era  do 6 ao 10) e unha diminución conxunta do 6,4% nas emisións de CO2 (obxectivo 5,2). Baixa o Caderno FOGARES VERDES.pdf Caderno FOGARES VERDES (1.87 MB) con toda a información do proxecto.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 11 de 52
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA