 O vindeiro mércores 5 de marzo ás 19:30 na Galería Sargadelos de Compostela terá lugar a charla-coloquio sobre A causa sobre os dereitos dos animais: A última fronteira contra a inxustiza. INTERVEÑEN: Óscar Horta, profesor de Filosofía Moral na Universidade de Santiago de Compostela Nuria Rodríguez Servizo Xurídico da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente. ORGANIZA: Asociación pola protección animal Abeiro. |
|
|
Santiago, 25 de febreiro de 2008. O pasado 13 de febreiro celebrouse a segunda reunión do Consello Municipal do Medio Ambiente do Concello de Santiago. Dende ADEGA-Compostela valoramos positivamente a posta en marcha deste organismo participativo en materia ambiental logo de ficar parado catro anos. Nesta segunda xuntanza presentouse a 1ª revisión do Plano de Acción Local proposto para o desenvolvemento da Axenda 21, onde os colectivos participantes puidemos facer propostas ou modificacións sobre o texto orixinal. |
|
 Este 26 de xaneiro no claustro da Facultade de Xeografía e Historia de Compostela, desenvolverase unha nutrida Asemblea de movementos sociais e unha Feira de asociacións e alternativas, na que xa hai confirmada a presenza de 24 organizacións, incluida ADEGA, e conta coas adhesións de 73 organizacións e 80 persoas a titulo individual. Serán os actos que centralicen a solidariedade da Galiza co proceso do Foro Social Mundial. Este ano non haberá un acto centralizado coma noutras ocasións senón un Día de Mobilización e Acción Global este 26 de xaneiro en todo o planeta. |
|
21 de novembro de 2007. Este día escomenzamos unha campaña de Defensa do Medio Ambiente, realizando no Multiusos de Melide cunha exposición fotográfica, acompañada dunha charla-debate e da proxección audivisual sobre o desastre ecolóxico ocurrido o pasado día 11 de setembro no río Catasol. Como todos sabemos o Río catasol sufriu unha agresión contaminante que, tendo en conta as consecuencias inmediatas para a flora e fauna fluvial, os medios de comunicación non dubidaron en cualificar de "desastre ecolóxico". |
|
 ADEGA-Compostela acudirá á manifestación contra o Plan de Acuicultura que terá lugar o domingo 4 de novembro ás 12:00 dende o porto de Corrubedo. A saída será ás 10:30 dende a estación de buses de Compostela. As persoas interesadas en acudir á manifestación deberán apuntarse nos seguintes teléfones: ADEGA Nacional: 981570099. Móbil: 619 672038. Prégase aos interesados/as poñerse en contacto o antes posible para facilitar a organización da viaxe a Corrubedo. PAREMOS ESTA DESFEITA. NON AO PLANO DE ACUICULTURA!! |
|
27 de setembro de 2007. As obras dun parque eólico destrúen por completo un espazo protexido da Rede Natura 2000. As Brañas de Xestoso, espazo integrado na Rede Natura 2000 de Galiza e que partillan os concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei están sendo destruidas neste mesmo intre polas obras dun parque eólico. As obras, que inclúen a apertura de pistas, a instalación dos muíños, a construcción dunha subestación eléctrica e dunha liña de alta tensión van provocar a fragmentación e drenaxe das zonas húmidas e un impacto paisaxístico e ambiental irreversíbel. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 23 - 33 de 52 |