Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Ferrolterra
EUME: carbonato por un tubo!

Ferrolterra
Mina de andalucita en As Pontes: Pese a conseguir "saca-la" das Fragas do Eume, segue adiante Imprimir E-mail
mina_andalucita.2010.gifAs Pontes 12.3.2010. Mina de andalucita en As Pontes, o proxecto segue adiante. Pese as alegacións de colectivos ecologistas(ADEGA, SGHN, FEG), e pese a mellorar o proxecto inicial no que parte do proxecto introduciase no parque natural das fragas do Eume, o novo proxecto recortado, tivo declaración de impacto ambiental favorable pola Xunta de Galiza. Estamos pendentes de eventuais novas actuacións. Información adicional: http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/03/12/0003_8350330.htm?idioma=galego
Asemblea anual de ADEGA-Trasancos. Imprimir E-mail
adega_logo_pequeno.jpgFerrol 27.3.2010. Asemblea de ADEGA-Trasancos. Data e hora: sábado 27.3.2010 ás 17 hs en 1ª convocatoria, e ás 17,30 na 2ª convocatoria. Lugar: Na nosa delegación: Centro Cívico de Caranza, 2º andar, sala de Xuntas da A.VV. de Caranza, Avda. de Castelao s/n. Ferrol.
Orde do día:
       1. Leitura e aprovaçom de acta anterior
       2. Informe de gestión
       3. Informe económico
       4. Actividades do 2009
       5. Actividades previstas para 2010
       6. Varios
Haberá empanada, bebida e pinchos de confraternización ao final da Asemblea. Nota: se alguén chegase tarde e estivese pechada a porta principal: premer no chifre da porta adxacente ou ben dar unha chamada perdida ao tlf de AVV: 981325852, ou a Nés( 649779774), Antonio (636717959) ou Suso (639288263). E se alguén non querre que se lle envie a información vía correio postal (aforro papel, diñeiro,etc) enviar e-mail ao secretario Nés López: lodergz@gmail.com
Solicitude paralización cautelar polígono industrial S. Pedro Leixa. Ferrol Imprimir E-mail
leixa_zona_polgono_industrial.2009.jpgFerrol 4.3.2010. Solicitude de paralización cautelar do proxecto do Polígono Industrial de S. Pedro de Leixa (Ferrol) A delegación de ADEGA- Trasancos remitiu á Consellería de Medioambiente e ao Concello de Ferrol unha solicitude de paralización cautelar do proxecto do Polígono Industrial de S. Pedro de Leixa po-lo importante impacto sobre o medio natural (especies protexidas, cuncas fluviáis, patrimonio arquolóxico) , po-la existencia de importante superficie industrial valeira en polígonos industriais próximos, por haberse producido un descenso drástico nas necesidades e solicitudes de solo industrial, etc.
 
Denuncia de tala de árbores no piñeiral de Cabanas (A Coruña) Imprimir E-mail
tala_arbores_cabaas.la_voz.2010.jpgCabanas (A Coruña) 2.3.2010. Protesta de ADEGA po-la tala de árbores no piñeiral de Cabañas. O presidente da delegación de ADEGA-Trasancos, Suso L. Piñeiro, lamenta que o Ministerio de Medio Ambiente «dedíquese a cortar árbores nun lugar onde a masa arbórea xa é tan débil». «Deben aclarar se van plantar novos exemplares e en que condicións farano», apunta. «Non é de recibo -explica- que se gasten 400.000 euros en rexenerar un areal que se dedicaron a machucar desde hai trinta anos. Empezaron coa construción da estrada de acceso e o dique que cambiou as correntes da praia da Magdalena».
 
Paralización da actividade de antena telefonía movil en Canido (Ferrol). Imprimir E-mail
antena_telefona_mobil.jpgFerrol 7.3.2010. Paralización da actividade de antena telefonía móbil en Canido (Ferrol). Tras denuncias da AVV Canido (onde está o noso compañeiro de ADEGA,  Serxio Perille) e tras múltiples xestións: Paralizada a actividade da “ilegal” antena de telefonía móvil relacionada con diversos problemas de saúde na veciñanza. Data do peche da antena: 17.3.2010. Farase unha celebración as 10 hs diante da instalación. Estamos convidados á mesma os socios de ADEGA. Contacto: Serxio Perille: serxiocanido@yahoo.es
 
Mercadiño do troco. Feira de Ferrol. 21.2.2010 Imprimir E-mail
 mercadio_troco.2009.jpgFerrol 21.2.2010 de 10,30 a 13,30. Feira de Ferrol, na   Praza Vella de Ferrol . Novo mercadiño de troco  Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos nas mesas habilitadas para troco ou cesión.  Colaboran diversos colectivos (Unións Libertarias, Verdegaia, ADEGA, SGHN, Cooperativa Xoaninha,Asociacions Vecinais,Masa Critica etc,etc) e particulais. Información adicional:   http://trocaferrol.org/index.php?troc=nov#n44 ou Nés López 649779774
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 11 de 170
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA