Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Ferrolterra
EUME: carbonato por un tubo!

Ferrolterra
III marcha a pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas Imprimir E-mail
Marcha a Mugardos.2009Ferrol-Mugardos. 23 de xullo 2009. III marcha a pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas de REGANOSA. Sáida ás 5 da tarde do Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza (Ferrol) e remataremos no Parque dos Carneiros en Mugardos, onde a Asociación Veciñal "O Cruceiro" de Meá agardará con música, sardiñas, churizos, cervexa, viño. Convoca Comité Cidadán Emerxencias da Ría de Ferrol, e os colectivos que formamos parte del, incluido ADEGA.

Información adicional: Humberto Fidalgo (vicepresidente Adega-Trasancos) 666175501; e http://comitecidadan.org/

ADEGA-Trasancos na defensa do manantial de Ínsua e polo saneamento do barrio de Canido (Ferrol) Imprimir E-mail
manantial.2009.jpg Ferrol 9.7.2009. ADEGA na defensa de protección do manantial de Insua en Ferrol e polo saneamento integral no barrio de Canido. O vogal de ADEGA en Trasancos, Serxio Perille interveu o día 8.7.2009 en Ferrolvisión Canal 31 para apoiar á AA.VV. de Canido para o saneamento integral do barrio e a protección do manantial de Insua que se podería afectar pola actuación  urbanística prevista no proxecto inicial.
 
Concentración-cacerolada repulsa entrada novo gaseiro "ilegal" na ria de Ferrol Imprimir E-mail
gasero.2009.jpgFerrol 10.7.2009; venres. Concentración-cacerolada repulsa entrada "ilegal" novo gaseiro na ría de Ferrol. As 8 da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Praza de España – Ferrol) caracteristicas do barco: Nome.- Cheik el Mokrani  - Capacidade.- 75.000 m3 - Eslora.- 220 m - Manga.- 35
Convoca: Comité Cidadán Emerxencia da Ría de Ferrol e os colectivos que o apoiamos, entre eles ADEGA.
 
Compostaxe caseira en Ferrol promovida por ADEGA e Concello de Ferrol. Aforro na producción de lixo Imprimir E-mail
compostaxe_caseiro.2008.jpgFerrol 1.7.2009. O Plan de Compostaxe caseira promovido por ADEGA  aforrará a xestión dunhas 150 toneladas de lixo este ano en Ferrol .Por segundo ano ponse en marcha o Plan de Compostaxe Caseira. A concelleira de Medio Ambiente e Servizos, informou de que o Concello espera aforrar unhas 150 toneladas de xestión de residuos orgánicos grazas á posta en marcha deste plan. Esta acción conta coa colaboración de técnicos especialistas na materia de ADEGA.... 
 
Verquidos no Río Castro (zona LIC). San Sadurniño (Ferrolterra) Imprimir E-mail
San Sadurniño (Ferrolterra) 28.6.2009. Verquidos no Rio Castro (zona LIC e Rede Natura 2000). O río Castro, afluente do Xuvia, tinguiuse de branco ao seu paso polo municipio de San Sadurniño. Os datos foron denunciados e xa actuou o SEPRONA e o propio concello. 
 
ADEGA denuncia actuacións irregulares sobre o río Cádavo Imprimir E-mail
rio_cadavo_perlio.2009.jpgFene. 26.6.2009. ADEGA denuncia ante Medio Ambiente a obra do parque do río Cádavo . ADEGA pide ao Concello de Fene que paralice a actuación que actualmente executa no tramo do río Cádavo que discorre máis paralelo á Casa do Concello por tratarse dunha agresión medioambiental.

 

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 34 - 44 de 170
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA