Pontedeume 23.4.2009. Mesa redonda "A contaminación do Eume". Coa participación por parte de ADEGA de Concha Ferreiro (química, profesora, vogal de ADEGA-Trasancos), Fins Eirexas (Sec. executivo ADEGA) e Humberto Fidalgo (pdte. confirmación Vicepte. de ADEGA-Trasancos, e responsábel xunto a C. Ferreiro, do estudo de campo da contaminación do Eume). Ás 20h no Centro Municipal de Maiores de Pontedeume. |
|
Fene 18.4.2009. 11 hs. Xuntanza, remodelación e reanudación das actividades da"Plataforma de afectados polo polígono de Vilar do Colo", integrada por ADEGA, Aetna, Plataforma en Defensa dos Camiños ,de particulares ,etc. A nova directiva da plataforma a conforman por parte de ADEGA:Xavi Riveiro e Suso Oca. |
|
Excursión ás mámoas e túmulos de Marraxón(Fene). Sábado 18 de Abril do 2009 as 16,30 horas. Organiza ADEGA, colaboran: AA VV de Sillobre MVMC de Marraxón Saída da Igrexa de Sillobre(Fene). Excursión gratuita. Información adicional:Suso Oca:606 11 98 46 |
|
Valdoviño, abril de 2009. Tras varios anos de loita e denuncias por parte de ADEGA tanto a nivel local como nacional e co apoio de veciños/as e colectivos sociais, conseguiuse paralisar o proxecto de urbanización con 69 chalés no lugar da Saíña (Valdoviño) nunha parcela que linda coa zona Ramsar e ZEPA, e incluída na súa totalidade no LIC Costa Ártabra ( Rede Natura 2000), alén de contar con outras figuras de protección urbanística, de Costas e mesmo patrimonial (afecta ao Castro da Frouxeira). Logo de que este 17 de maio remate a moratoria urbanística dos 500 m, teremos que ser veciños/as e ecoloxistas os que teñamos que defender nos tribunais e na rúa a nosa costa? |
|
|
VI Festival "Radio Filispim" e "Feira de colectivos" .Xoves 9 de abril de 2009. 18 hs. Praza do Inferniño. Ferrol. "Conspirando por umha Rádio Libre", o festival que organiza o Colectivo OPAII para o apoio e difussom de Rádio FilsipiM, a rádio livre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol e coa colaboración de varios colectivos, entre outros ADEGA. |
|
Ferrol 28.3.2009. ADEGA presentou alegacións ao proxecto de un mega-polígono industrial (plataforma de apoio portuario) na zona de Mandiá (Ferrol) e con moi importantes impactos sobre a fauna (afectando a especies protexidas), flora, patrimonio arqueolóxico, sistema fluvial, etc,etc. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 56 - 66 de 170 |