Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Vigo
Vigo
Bicifestación en defensa do carril bici Vigo-Baiona Imprimir E-mail
Vigo, 14 de xuño de 2009. A Golpe de Pedal, convoca unha bicifestación en defensa do carril-bici na estrada PO-325 (Vigo-Baiona-A Guarda). Será este vindeiro domingo 14, con saída de As Travesas ás 11 da mañán. Percorrido: Praza de América - Avda. Castelao - Avda. Europa - Avda. Samil - Rúa do Río - Estrada de Muíños - Avda. Ricardo Mella - Rotonda de Canido - Avda. Ricardo Mella - Rotonda de San Paio hacia Camiño do Caramuxo - Avda. Florida - Praza de América.
Apoian: ADEGA, WWF-Adena, UGT, CC OO, CIG, a Federación Veciñal "Eduardo Chao", a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" e a Asociación de Centros Culturais de Vigo, entre outros.
 
Illas Atlánticas: o único Parque Nacional galego, abandoado á súa sorte Imprimir E-mail
cies_mar09011.jpg13 de maio de 2009. Nestes últimos 4 anos, o único Parque Nacional de Galiza, o das Illas Atlánticas, foi de longo o pior xestionado de toda a rede estatal: intervencións urbanísticas máis que cuestionábeis, erros no manexo da vexetación, grave regresión dalgunhas especies animais e avanzo das invasoras. ADEGA leva anos reclamando a xuntanza do Padroado do Parque Nacional que non se reune dende o 21 de xullo de 2005. O Padroado, que debería convocarse dúas veces ao ano, é chave para garantir unha correcta xestión do espazo e a interlocución dos sectores sociais coa administración do Parque, agora competencia da Xunta. Ante a preocupante situación deste espazo, ADEGA volta a pedir á Sec. X. de Conservación da Natureza, dependente de Medio Rural!?, a convocatoria urxente do Padroado.
 
Saída formativa do Proxecto Ríos en Vigo Imprimir E-mail
Vigo, 24 de abril de 2009. Coa campaña de primavera, o Proxecto Ríos comeza as actividades divulgativas e formativas arredor dos ríos. A finalidade do Proxecto Ríos é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas para o seu mantenemento e mellora, proporcionando as ferramentas para participación da cidadanía. Do 15 de abril ao 1 de xuño os grupos do Proxecto Ríos achegaranse ao seu río para facer a inspección. Cos datos recollidos e os da campaña de outono, realizarase o Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos, que se presentará o 15 de decembro. En Vigo, a inspección farase no río Eifonso, que pasa pola zona máis rural da cidade. Será o domingo 26-4 de 10.30 a 14.00h.
 
ADEGA e Veciños de Amoedo reúnense con Medio Ambiente polos vertidos de Amoedo (Pazos de Borbén) Imprimir E-mail
alvedosa_29_set.jpgAmoedo, 7 de novembro de 2008. Representantes de ADEGA, Comunidade de Montes de Amoedo, AAVV de Amoedo, Comunidade de Montes de Reboreda, e AAVV de Reboreda, entrevistáronse o martes pola mañá co Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Juan Francisco Froján Fontán, en relación aos reiterados verquidos do polígono industrial de Amoedo (Pazos de Borbén) ao río Alvedosa, e polos que a Comunidade de Montes de Amoedo presentou unha denuncia no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº 1 de Redondel.
 
ADEGA denunciará á Fiscalía os vertidos do río Alvedosa (Pazos de Borbén) Imprimir E-mail
vertido_12_amoedo_12_outubro.jpgO Domingo 12 de Outubro un novo verquido encheu de escuma o río Alvedosa no Concello de Pazos de Borbén. O vertido procede novamente do Polígono Industrial de Amoedo pertencente á mesma parroquia. Este vertido é o 4º que se produce nun periodo de 4 semanas no mesmo río e procedente do mesmo polígono. Estes vertidos recurrentes poñen o foco nun polígono industrial construido no ano 2000 que dispón dunha depuradora propia pero que parece que está posta de adorno.
ADEGA denuncia o vertido de radiografías no río Lagares Imprimir E-mail
radio1.jpgVigo, 8 de outubro de 2008. No decurso da I xornada de limpeza de ríos, os voluntarios e voluntarias de ADEGA-Vigo atopáronse cun preocupante achado: nas beiras do río Lagares apareceron centos de radiografías médicas. Estaban medio soterradas a marxe esquerda do Lagares, no recinto dunha das empresas veciñas ao río con aceso pola rúa do Gandarón, e mesmo algunhas tiñan xa "viaxado" río abaixo. Estes refugallos tóxicos e perigosos conteñen metais pesados que están a traspasar ao medio e deben ser tratados por empresas autorizadas. Preme na localización para ver no Google Maps.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 11 de 29
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA