Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Vigo
Vigo
Para cando inundacións en Nigrán? O recheo de zonas húmidas favorece as enchentes Imprimir E-mail
porto_do_mollenigr_n.jpgVigo, 21 de novembro de 2006. O polígono industrial de Porto do Molle, en construcción nas parroquias de Parada, Nigrán, Camos, e S. Pedro, do concello de Nigrán e en fase de explanación, está destruindo a última zona húmida- subhúmida e boscosa asociada a ela neste concello. O polígono promovido pola Autoriade Portuaria de Vigo e o Concello de Nigrán afecta a unha zona de grande valor ecolóxico na beira do río Muíños, hábitat de numerosas especies de aves acuáticas.
 
Por unha nova política da auga Imprimir E-mail
A auga elemento indispensableVigo 3 de novembro de 2006. Dende Adega-Vigo queremos manifestar que o anuncio da ministra de Medio Ambiente en relación coa posibilidade de gravar o consumo excesivo de auga, é unha medida positiva e agardamos que se faga efectiva o antes posíbel. Non podemos seguir con políticas de desbaldimento a respeito de recursos cada vez máis escasos. Así en Vigo o consumo doméstico por habitante ascende a 136,4 litros lonxe dos 60 litros que propón a ministra, pero si contamos o consumo total, isto é, consumo doméstico, da industria e do propio concello, (baldeo de rúas etc.) a cifra elévase a 350 litros por habitante.
Informe de ADEGA-VIGO sobre as inundacións en Sabarís Imprimir E-mail
a_ramallosaweb.jpgVigo 30 de Outubro 2006.As recentes inundacións ocorridas en varios puntos Galiza preocupan á opinión pública galega. ADEGA ten publicado na web información sobre Cee e agora quere informar dos distintos factores que influiron nas inundacións en Sabarís (Concello de Baiona).
    As recentes enchentas producidas en Sabarís, que asolagaron parte da parroquia, foi consecuencia non só das fortes choivas, que acadaron rexistros non coñecidos dende fai moitos anos e agravadas pola vaga de lumes que deixou os montes sen vegetación, senón tamén pola deficiente planificación urbanística e a falta de limpeza e conservación do cauce do río Grova.
Alegacións ao proxecto de Depuradora en Barro Imprimir E-mail
Depuradora de BarroBarro, 24 de Outubro 2006.  Chafallada e exemplo lamentable de mala xestión é como se pode caracterizar o proxecto de depuradora prevista para o Concello de Barro. A depuradora está dimensionada para unha capacidade de 500 habitantes equivalentes e sen embargo a poboación da área que pretende atender sobrepasa os 1000 habitantes.
ADEGA presenta alegacións ao Plano de Usos do Porto de Vigo Imprimir E-mail
Porto de VigoVigo 11 de Outubro 2006
Adega-Vigo ven de realizar alegacións ao Plan de Utilización dos Espazos Portuarios (PUEP) do Porto de Vigo sumándose a outros colectivos que tamén alegan.
 
Nas alegacións presentadas Adega solicita...
ADEGA rexeita o proxecto de nova depuradora en Cabo Silleiro Imprimir E-mail
Ao tratarse dunha macroinfraestructura producirase un gran impacto ambiental

vigo.jpg14 de setembro 2006.Dende ADEGA-VIGO diante do proiecto do concello de Vigo de construcción dunha macro depuradora en cabo Silleiro ( Baiona ) e dun emisario de 1,5 kilometros a mar aberto, para o tratamento das augas residuais dos concellos da marxe esquerda da ria, manifestamos o noso rotundo rexeitamento por tratarse, non dunha solución global ao problema senon dunha magnificación del, tanto polo impacto que conleva na sua construcción e ubicación como polas consecuencias derivadas de calquera anomalia. En caso de que esta depuradora tivera un accidente ou un mal funcionamento haberia graves problemas para o ecosistema mariño.

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Resultados 23 - 29 de 29
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA