Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Costa da Morte

quilmasbanner2.gif

Costa da Morte
Parabéns ao SEPRONA pola detención de dous furtivos en Dumbría Imprimir E-mail
Lobo morto en Silleda (febreiro de 2008)Dumbría, maio de 2009. ADEGA quere transmitir os seus parabéns ao SEPRONA polas dilixencias que levaron á detención de dous trampeiros que tiñan colocado lazos de aceiro nos montes de Dumbría. Somos conscientes das dificultades que comporta conseguir probas concluíntes destes delictos, polo que a colaboración dos técnicos de medio ambiente, veciñanza e efectivos do SEPRONA resulta chave para conseguir erradicar estas lamentábeis prácticas. Compre lembrar que a caza furtiva (xa sexan lazos, disparos ou veleno) é unha das principais causas da extinción das especies, e a principal ameaza para o lobo en Galiza xunto coa redución dos seus hábitats.

ADEGA ao Sr. Negreira (PP): as razóns para rexeitar a piscifatoría de Touriñán non admiten dúbida Imprimir E-mail
Compostela, 5 de marzo de 2009. O nefasto Plano Acuícola do bipartito, refritido daqueloutro “Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria” aprobado in extremis polo governo Fraga, incluía un estudo de viabilidade da planta de Touriñán. Esta ubicación declarouse NON APTA pola critica afección á Rede Natura, o impacto paisaxístico e o rexeitamento de amplos sectores sociais e cidadás. O proxecto supoñía a destrución duns 100.000 m2 de hábitats cuxa conservación está considerada prioritaria pola Directiva Hábitats 92/43. Non caben interpretacións da norma (art. 6): para ocupar este espazo só cabería alegar "consideracións relacionadas coa saúde e a seguridade pública, de primordial importancia para o ambiente, ou razóns imperiosas de interese público de primeira orde". Mira a opinión do Director de Relacións Internacionais de Pesca da CE.
 
Retorno á caverna ambiental: volven a piscifatoría de Touriñán e o viaduto de Noia Imprimir E-mail
marchatourinhan.jpg4 de marzo de 2009. O PP recupera dous dos proxectos máis insustentábeis e agresivos co litoral. Os recentes anuncios de “resucitar” a piscifatoría de Touriñán e o viaduto sobre a ría de Noia, rexeitados no seu momento polo alto impacto ambiental, supoñen dous graves atentados contra o patrimonio natural de TODA a cidadanía e unha volta atrás no camiño da sustentabilidade. De levarse a cabo o proxecto de Touriñán, será curioso ver como o PP e Pescanova explican por que non se afasta 500 metros do mar como aconteceu coa de Mira (Portugal). Que diferencia á Rede Natura portuguesa (dunas de Mira) da Rede Natura galega (Costa da Morte-Touriñán)?
 
Xornada solidaria de voluntariado en Quilmas Imprimir E-mail

coopquilmas.jpgEste vindeiro xoves día 19, convidámosvos a partillar unha xornada de traballo e convivio cos homes e mulleres da cooperativa de cultivo ecolóxico RAINHA LUPA, en Quilmas (Carnota). Coa nosa axuda solidaria, colaboraremos a poñer en valor unhas terras que pretende usurpar a ampliación da piscifatoría de Stolt (275.000 m2) prevista no Plano Acuícola. Alén, coñeceremos de primeira man as diversas alternativas de aproveitamento sustentábel postas en marcha pola brava veciñanza de Quilmas fronte á ameaza acuícola, razón pola que ADEGA concedeulle en 2008 o Premio Osíxeno.

Outro golpe ao Plano Acuícola: admitido o contencioso pola piscifatoría de Camelle Imprimir E-mail
Camelle, exemplo de dignidade31 de xaneiro de 2009. Os compañeir@s da Asoc. de Veciños “A Pergoliña” de Camelle veñen de confirmarnos que o TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galiza) admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo contra a Consellería de Pesca, pola instalación dunha macropiscifatoría de 217.000 m2 a carón da vila. Este novo golpe xudicial ao Plano Acuícola únese aos contenciosos interpostos en Ribeira (piscifatoría da Laxe Brava), Carnota (Quilmas) e Muxía (Merexo), e á desestimación da demanda de Acuinor contra ADEGA pola paralización da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo). Se Carme Gallego quere rodaballo de plástico, terá que expropiar as terras para producilo!
 
ADEGA recomenda aos veciños de Corcubión que non se deixen enganar polo Plano Acuícola Imprimir E-mail
cee.jpgCorcubión, 21 de novembro de 2008. ADEGA quere advertir á veciñanza de Corcubión que o prezo anunciado para a merca dos terreos afectados pola piscifatoría de Cabo Cee, fixado en de 2 €/m2 é absolutamente irrisorio, polo que non deben morder o engado e deixarse levar polos cantos de serea do alcalde e o conselleiro, que semellan actuar como testaferros das multinacionais da acuicultura.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 11 de 45
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA