6 de marzo de 2008. ADEGA ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a inclusión do carballo anano ( Quercus lusitanica) no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, dentro da categoría de “vulnerábel”. Esta solicitude vai acompañada dun informe no que se indican as localizacións nas que se atopou esta planta e outras características das escasas poboacións desta especie en Galiza. O carballo anano é un arbusto de até 3 metros de alto que é propio do sur de Portugal, Andalucía, Marrocos, aparecendo tamén no Monte Pindo no Concello de Carnota. |
|
3 de marzo de 2008. Este sábado compañeir@s da Plataforma de Quilmas puideron comprobar de novo o "sustentábel" da acuicultura industrial, que deita toneladas de contaminantes e antibióticos no millor da nosa costa. Unha vez máis, a praia de Corna Becerra en Quilmas, na Rede Natura, apareceu estrada de restos de pensos da piscifatoría de Stolt. Estes feitos, reiteradamente denunciados por ADEGA e as plataformas, poñen de manifesto o descontrol dos vertidos e o risco que supón un Plano Acuícola que espallará estas macrofábricas de contaminación por toda a costa. ÚLTIMA HORA: a proposta de reducción "cosmética" anunciada por Pesca é electoralista e un insulto á intelixencia da cidadanía: cantas veces van vender Touriñán e Punta dos Corvos (faro de Corrubedo), dúas instalacións que NON están comtempladas no actual Plano? ELORRIAGA DIMISIÓN !! |
|
 O domingo 2 de marzo ADEGA-Costa da Morte organiza un roteiro CARBALLO-RAZO-BALDAIO. O percorrido terá unha lonxitude duns 13 Km, de dificultade baixa, e a rota escomenzará en CARBALLO (no aparcamento do Haley), para seguirmos por camiños e corredoiras e pasar preto do Castro de Oza, visitando o Rodo e Netoma, até a praia de Razo. Alí, continuaremos até a Pedra do Sal. É importante traer calzado axeitado e comodo, tamen bocata, bebida, chuvasqueiro e prismáticos pode ser interesante para observar as aves invernantes. |
|
 A Plataforma de Quilmas e ADEGA organizan un novo roteiro polo fermoso concello de Carnota. Será unha travesía marítima até ás illas Lobeiras. As Lobeiras son dous grupos de illas situadas fronte á costa de Quilmas. Na Lobeira Grande hai un faro que en tempos estivo habitado por fareiros. O roteiro comezará ás 11:30 do día 20 de marzo diante da Fonte de Quilmas. É NECESARIO APUNTARSE PREVIAMENTE, xa que as prazas son limitadas. Hai que levar comida. Para inscribirse hai que chamar ao 687531513 |
|
31 de Nadal de 2007. Milleiros de persoas démonos cita en Camelle en defensa da nosa costa. O Plano Acuícola da Xunta pretende asolagar este recanto da Costa da Morte baixo 318.000 m 2 de formigón e lonas negras. A mensaxe foi clara: Camelle NON SE VENDE nen por 5 nen por 50 € o metro. Vai a Xunta expropiar pola forza 3 millóns de metros cadrados fronte á oposición da veciñanza? Vai Pesca a aprobar un Plano Acuícola insustentábel dende o punto de vista ambiental, social e económico só para contentar ao lobby do rodaballo? Como pode a conselleira afirmar que cumprirá todos os requisitos ambientais se nen sequera depuran os vertidos e guindan ao mar toneladas de químicos e antobióticos?. Se Man levantara a cabeza... |
|
12 de Nadal de 2007. ADEGA ven de coñecer a resposta da empresa ás nosas alegacións contra os parques eólicos Muxía I e II, que pretenden instalar 76 aeroxeradores ao longo de 10 km de costa, dende Cabo Touriñán a Muxía. Os dous proxectos van supoñer unha brutal agresión a un entorno litoral de especiais valores naturais, con flora endémica e especies protexidas. Mesmo a consellaría de M. A. vai incluir esta área na vindeira ampliación da Rede Natura 2000. A respeito do impacto na avifauna, a empresa manexa argumentos tan peregrimos como que as aves voan por onde non hai muíños ou que como unha especie é escasa, o proxecto non lle afecta. Vaites co "estudo" de impacto! |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 23 - 33 de 45 |