 O próximo venres 12 de outubro terá lugar en Quilmas (Carnota) un roteiro á Moa (Monte Pindo-Olimpo Celta. O roteiro está organizado pola Plataforma veciñal pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, que ese sábado ten previsto realizar a súa Asemblea Constituinte como Asociación Cultural. O roteiro sairá da Fonte de Quilmas ás 11:00. Dende ADEGA animamos a todas as persoas a participar no roteiro e enviamos moitos ánimos á Plataforma de Quilmas para impedir que este espazo senlleiro da nosa costa quede destruido pola ampliación de 250.000 metros cadrados da piscifatoría de Stolt. QUILMAS NON SE VENDE! Preme no título para máis información do roteiro. |
|
 O próximo sábado 22 de setembro terá lugar ás 19:00 na Casa da Cultura de Arou unha sesión informativa sobre a problemática das piscifactorías. Adela Figueroa, Presidenta de ADEGA, informará aos veciños e veciñas de Arou sobre os problemas que pode causar o proxecto de construcción dunha macropiscifactoría nesta parte do Concello de Camariñas. Estades tod@s convidad@s!! |
|
 O pasado venres 14 de setembro veciños de Arou, Merexo e Quilmas xunto con ecoloxistas de ADEGA interviron nunhas xornadas sobre o rodaballo celebradas en Camariñas para expresar o seu rexeitamento sobre o Plano de Acuicultura que se atopa nestes momentos en tramitación pendente de resolver as numerosas alegacións presentadas. Clica para ver un vídeo da protesta en Youtube. |
|
1 de agosto de 2007. A D. X. de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, está promovendo actuacións agresivas no litoral de Carnota. Trátase dun paseo marítimo na praia do Pindo que está a degradar a área dunar e o esteiro. Pretende ser unha “rehabilitación do borde marítimo”, que traducido significa a construcción dun paseo a base de aterros sobre a duna e o esteiro. E todo promovido pola propia administración e financiado con cartos públicos, teóricamente destinados á protección do medio. Sres. de Costas: para isto, millor non facer nada. |
|
 ADEGA-Costa da Morte participa na Semana Cultural organizada polo Instituto de Baio com diversos actos para facer fincapé nos principais problemas ambientais da comarca. A charla será o venres 23 de Marzo ás 16:30 no mesmo instituto de Baio sobre a temática "Os voluntarios/as na Defensa do Monte Galego". Tamén, esa mesma mañán participaremos nun roteiro guiado polos Penedos de Traba, Pasarela e Braño.
|
|
6 de marzo de 2006. Malia aos encoros, a Ferroatlántica, a Villar Mir (deslocalízate xa, por favor), a inauguracións vergoñentas por parte de presidentes autonómicos, o Xallas segue a ser unha das marabillas da natureza galega. Velaí como baixa estes días. Pola dignidade do noso patrimonio natural, pola nosa dignidade, LIBERDADE PARA O XALLAS! |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 34 - 44 de 45 |