Menu Content/Inhalt
INICIO arrow A Coruña
A Coruña
Roteiro reivindicativo pola Fraga do rio Sisalde (Arteixo) o 23 de Febreiro Imprimir E-mail
sisalde.jpgO sábado 23 de febreiro realizaremos un roteiro reivindicativo pola fraga do río Sisalde (Arteixo) até as brañas de Barrañán, acto que servirá para coñecermos máis de perto este espazo, reivindicarmos a súa conservación e posta en valor e denunciarmos as agresións que padeceu nos últimos tempos. A marcha partirá ás 11 da mañá da igrexa parroquial de San Tomé de Monteagudo. Da Coruña sairá un bus ás 10 da mañá do aparcadoiro situado na parte de arriba da estación de autobuses que parará tamén en Arteixo por volta das 10:30. Para anotarse, cómpre chamar a Alexandre (660 859 493) ou a Alberto (635 102 867). Ao remate do acto haberá un xantar na zona de Arteixo: o prezo por persoa será de 15€ e quen quixer asistir debera comunicalo como moi tarde o 21 de febreiro.
 
Novo horario do local de ADEGA-Coruña Imprimir E-mail
asterisk.pngO novo ano trae para a Delegación de ADEGA na Coruña unha salientábel novidade organizativa: Se até o momento estábamos a abrir todas as quintas feiras (xoves), a partir de agora abrirémolo todas as cuartas (mércores), como xa víñamos facendo, en horario aproximado de 20.00 a 21.30.
Por súa parte, seguiremos a celebrar durante 2008 Asembleas da Delegación todos os meses co mesmo sistema que xa estaba estabelecido, cada segundo sábado de mes ás 17.00 horas no local da asociación na Coruña (Rúa do Conto, 6-8 baixo esquerda, a carón do Mercado de Monte Alto).
Ás asembleas están convocadas/os todas/os os socias/os da delegación.
 
Inauguración da exposición ART-NATURA na Coruña Imprimir E-mail
art_natura2.jpg
21 de xaneiro de 2008. A exposición Art Natura na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inagúrase este xoves 24 ás 20h no Edificio do Palexco, na Coruña. Poderase visitar entre os días 24 de xaneiro e o 14 de febreiro. Á inauguración da exposición asistirán membros de ADEGA, da corporación municipal do Concello da Coruña e artistas participantes. A mostra realízase coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña e as consellerías de Cultura e Medio Ambiente. Agardamos contar coa vosa presenza. Estades todos convidad@s!!!
 
ADEGA-Coruña súmase á concentración contra as descargas de carbón no porto da Coruña Imprimir E-mail
medusa_1.jpgA Coruña, 20 de novembro de 2007. A delegación coruñesa de ADEGA vén de dar o seu apoio á decisión da Asociación Veciñal Oza –A Gaiteira –Os Castros para retomar a mobilización social contra os negativos efectos sobre o medio ambiente e a saúde das descargas de carbón e outras substancias no porto da Coruña. Así, ADEGA estará presente xunto ás veciñas e veciños das zonas máis próximas ao recinto no que se efectúan as descargas na CONCENTRACIÓN convocada para este xoves 22 de novembro ás oito do serán frente ao coruñesa. edificio da Autoridade Portuaria. FAI OUVIR A TÚA VOZ!
 
ADEGA esixe unha rede de control da contaminación atmosférica eficaz e transparente Imprimir E-mail
medusa.jpg17 de novembro de 2007. Dende o día 14 esta a producirse unha combustión no almacén de carbón que Unión Fenosa ten no porto da Coruña, popularmente coñecido como “A Medusa”. O cheiro a "fume” e a “gas” é padecido pola veciñanza dunha ampla zona da cidade. Nos primeiros días as peticións dos veciños e veciñas dos Castros solicitando información sobre a posíbel toxicidade dos gases, foron infrutuosas. Nin a Autoridade Portuaria, nin o Concello nin Medio Ambiente informaban sobre o sucedido, o que provocou a inquedanza e o enfado poboación.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Resultados 10 - 18 de 30
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA