Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas
Novas
ADEGA presenta alegacións ao plano urbanístico da zona do Portiño Imprimir E-mail
A Coruña, 4 de agosto de 2008. A delegación local na Coruña da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) presentou esta mañá no rexistro municipal do Concello coruñés un documento de alegacións á aprobación inicial, polo Pleno Municipal, da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal da cidade que atinxe ao sector S-1 do PXOM, a cal supón un proxecto de macrourbanización para a zona do Portiño.
 
Asemblea Xeral de ADEGA-Coruña sábado 12 de xullo Imprimir E-mail
asterisk.pngO vindeiro día 12 de xullo celebrarase a habitual asemblea mensual de ADEGA-Coruña. Como ven sendo habitual, esta xuntanza ten lugar o segundo sábado de mes ás 17h no local de ADEGA-Coruña (Rúa do Conto, 6-8 baixo esquerda) a carón do mercado municipal de Monte Alto.
A Ría do Burgo na conmemoración do Día Mundial dos Océanos 2008 Imprimir E-mail
riadoburgo.jpgEste domingo día 8 de xuño comemórase o Día Mundial dos Océanos e ADEGA – Coruña non quere deixar pasar este acontecemento para salientar a actividade desenvolvida pola Plataforma de Defensa da Ría, na que ADEGA está integrada dende a súa constitución.
ECOCAMBRE' 08 Imprimir E-mail
ecocambre08.jpgA Coruña 6 de Xuño. O Concello de Cambre celebra dende o luns día 2 a semana do medio ambiente ECOCAMBRE’08, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente que se conmemora o 5 Xuño, facendo especial fincapé no consumo responsable de auga. Esta semana, promovida dende o Concello, busca concienciar aos empresarios e veciños da necesidade de cuidar e fomentar o respeto ao medio ambiente. ADEGA participou activamente nestas actividades xa que coincide co concello cambrexo na necesidade de resaltar prácticas sustentabeis en todos os ámbitos para así conservar o patrimonio medioambiental. Tamén enmarcada en esta semana do medio ambiente se presentou o blog "Sostibilidade en Cambre"
 
Parque na Agra do Orzan SI!! Imprimir E-mail
parque_agra.jpgA delegación coruñesa de ADEGA participará das concentracións que as veciñas e veciños do barrio da Agra do Orzán están a convocar para todos os xoves desde hai varias semanas en demanda da revisión do plano urbanístico para a zona do Observatorio, o Campo da Burra e o solar do antigo convento das Adoratrices. Ademáis a delegación coruñesa adheriuse recentemente a dita plataforma.

<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 15 de 30
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA