Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Organización
Organización
O ámbito de actuación de ADEGA abrangue todo o país, polo que a súa estrutura atópase organizada en Delegacións locais que teñen competencias sobre a súa demarcación, traballando sempre en coordenación coa Delegación Nacional, encargada de prestar apoio ás iniciativas locais e desenvolver o traballo que supere as demarcacións locais.

Ten tres órganos decisorios: a Asemblea Xeral, A Xunta Directiva Xeral e a Comisión Permanente, sendo o primeiro o máximo órgano de Goberno

A Asemblea Xeral, á que poden asistir todos os socios e socias con voz e con voto, é o máximo órgano de goberno de ADEGA. A Asemblea Xeral, que se reúne de forma ordinaria unha vez ao ano, establece as liñas de actuación da asociación, debate os balances de actividades e económico e elixe os membros da Xunta Directiva Xeral, cuxo mandato é de dous anos.

A Xunta Directiva Xeral é o principal órgano de goberno entre asemblea easemblea. Está formada polo/a presidente/a, o/a vicepresidente/a, o/a secretario/a xeral, o/a vicesecretario/a xeral, o/a tesoureira, representantes das delegacións e vocais responsábeis da coordinación das diferentes áreas de traballo.

A Comisión Permanente, elixida tamén pola Asemblea Xeral, está constituída por algúns membros da Xunta Directiva Xeral e encárgase de dirixir a xestión cotiá da asociación.

Todos os cargos da Xunta Directiva Xeral e da Comisión Permanente son elixidos por períodos bianuais renovábeis


asamblea.jpg
ADEGA é unha asociación independente e democrática. Todos os socios e socias de ADEGA poden participar, a través das asembleas, na definición das posicións da asociación e no establecemento da súas liñas de actuación.
fervenzatoxa.jpg
ADEGA realiza múltiples accións para protestar contra as agresións ambientais, incluíndo accións directas non violentas. Na imaxe recóllese unha protesta contra a celebración dunha competición de trial no interior do espazo natural da fervenza do Toxa (Silleda)

Virxinia Rodríguez, nova Presidenta de ADEGA
Adela Figueroa Panisse, nova presidenta de ADEGA
Estatutos de ADEGA
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA