| O carballo anano do Pindo proposto para especie protexida polo Observatorio Galego da Biodiversidade |
|
|
![]() Agora este acordo do Observatorio Galego terá que ser formalizado agora pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza pertencente á Consellería de Medio Ambiente. O carballo anano (Quercus lusitanica) é unha especie arbustiva que medra no suroeste da Península Ibérica e máis en Marrocos. En Galiza existe unha pequena poboación illada e cuasi-residual nas abas do Monte Pindo (Carnota) que se sitíúa a 500 Km da poboación máis cercana da mesma especie. Esta característica singular da súa distribución xeográfica chamada polos biólogos "disxunta" é a que determina que esta especie fora proposta como especie protexida. O carballo anano é a primeira especie que se incorpora ao Catálogo Galego de Especies Ameazadas despois da súa aprobación en 2007. No entanto, existen moitos máis candidatos a formar parte da flora e fauna ameazada de Galiza. A maior dificultade que presentan as novas incorporacións a este Catálogo é a carencia de datos, sobre todo no aínda descoñecido mundo dos insectos onde se estima que en Galiza aínda hai por descubrir moitas especies novas para a ciencia . A declaración como especie protexida implica que queda prohibido danar ás plantas e que deberá elaborarse un Plano de Conservación da especie que se agarda que sexa efectivo para aumentar o número de exemplares e mellorar a súa conservación. Do mesmo xeito, ADEGA solicitará a declaración da área de distribución desta especie e do propio Monte Pindo como Monumento Natural, Paisaxe Protexida ou outra figura de protección ambiental que sirva, ademáis de para garantir a conservación dos seus valores naturais, para promover o enorme interese ecoturístico e cultural desta privilexiada paraxe. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|



