Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Vigo arrow Novo vertido no río Alvedosa procedente do Polígono de Amoedo
Novo vertido no río Alvedosa procedente do Polígono de Amoedo Imprimir E-mail
alvedosa_1p.jpg
Luns 29 de setembro de 2008. O río Alvedosa sufriu este venres 26 de setembro un novo vertido de augas contaminadas. Estes vertidos proceden do Polígono Industrial de Amoedo pertencente ao Concello de Pazos de Borbén. Este constitúe alomenos o segundo vertido en dúas semanas coa mesma procedencia e coas mesmas características. Dous venres seguidos nos que a auga do río Alvedosa baixa de cor gris claramente contaminada.

Os feitos foron denunciados por ADEGA e veciños da zona ante o SEPRONA de Porriño pero estas denuncias ainda non parece que tiveran efectividade ningunha.
alvedosa_2p.jpgOs vertidos de augas residuais industriais sen depurar deste Polígono de Amoedo son moi frecuentes e, a pesar das denuncias, a administración non ten feito nada para solucionalos.
A veces mesmo teñen chegado até Redondela, como un vertido no ano pasado que tinguiu de amarelo o río Alvedosa dende Amoedo até Redondela e que amosou unha deixadez por parte da administración difícil de explicar.
Os veciños e asociacións de Amoedo están absolutamente indignados con esta actitude das administracións que teñen que velar porque a industria produza en condicións que non danen o medio ambiente.
Veciños de Amoedo afirman que a depuradora do polígono está infradimensionada e as máis das veces non funciona por razóns que se descoñecen, cando isto sucede o río queda arrasado polos vertidos. Nos últimos tempos esta situación repítese moi frecuentemente.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA