| ADEGA pide a retirada das tropas españolas en Afganistán |
|
|
12 de novembro de 2008. A recente morte de dous soldados en Afganistán, un deles galego, nun ataque no que resultaron feridos outros militares, debería reabrir o debate público sobre se as tropas deben permanecer naquel país. ADEGA lamenta tan tráxico suceso e expresa a súa dor pola morte de 88 soldad@s no conflito afgán, 17 deles galeg@s. Agardamos que estes feitos fagan reflexionar ao governo español e retire as tropas, xa que a realidade está a demonstrar que, contrariamente ao manifestado por Defensa, trátase dunha guerra aberta e non dunha simples misión "humanitaria".No seu momento, ADEGA criticou a decisión do governo de Zapatero de aumentar o continxente en Afganistán. Entrábase así, como tantas outras veces, nunha espiral de militarización e do endurecemento das políticas represivas, que se presentaba ademáis como a única opción posíbel, en troques de buscar as causas que provocan a conflitividade para solucionar o problema. A estas alturas, fica xa demonstrado que a estratexia de poñer parches en forma dun aumento da presenza das forzas “de seguridade” (exército, policía) e dunha intensificación do control social, é unha política errada e infrutuosa. Dende o ecopacifismo, ADEGA non pode deixar de reiterar que a solución do problema afgán, como a de calquera outro conflito, non pasa pola militarización, por máis que esta se presente,coma neste caso,coa aparencia dunha operación humanitaria. Por iso, ADEGA reclama unha vez máis o regreso do exército español á casa, de onde non debera ter saído. Isto non significa deixar o pobo afgán abandonado á súa sorte nas mans dos talibáns, como demagoxicamente se apunta dende algúns medios: cómpre procurar unha solución radical do problema e non poñer parches en forma de aumento da presenza militar, e aínda por riba estranxeira. Finalmente, ADEGA pregúntase polas razóns do perfil baixo e a actitude acrítica que fomentan os medios de comunicación a respeito da guerra en Afganistán. Se en Irak animouse o debate mediático sobre a conveniencia de enviar e manter tropas naquela guerra, en Afganistán ningún medio estatal parece cuestionar a necesidade de participar no conflito. As guerras, lexítimas ou ilexítimas, son ante todo guerras. Por iso, como reflexión final, queremos lembrar as coñecidas verbas de Mahatma Gandhi: Non hai camiños para a Paz: a Paz é o camiño. ADEGA-Vogalía de Pacifismo e Antiglobalización |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

12 de novembro de 2008. A recente morte de dous soldados en Afganistán, un deles galego, nun ataque no que resultaron feridos outros militares, debería reabrir o debate público sobre se as tropas deben permanecer naquel país. ADEGA lamenta tan tráxico suceso e expresa a súa dor pola morte de 88 soldad@s no conflito afgán, 17 deles galeg@s. Agardamos que estes feitos fagan reflexionar ao governo español e retire as tropas, xa que a realidade está a demonstrar que, contrariamente ao manifestado por Defensa, trátase dunha guerra aberta e non dunha simples misión "humanitaria".
