Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Lugo arrow Concurso fotográfico "Agresións ás augas continentais galegas"
Concurso fotográfico "Agresións ás augas continentais galegas" Imprimir E-mail
concrios08.gif13 de novembro de 2008. Como primeira actividade da nova CAMPAÑA POLA DEFENSA DOS RÍOS GALEGOS, ADEGA organiza un concurso fotográfico para porlle cara ás agresións que sofren as nosas augas continentais. A participación está aberta até o 12 de xuño de 2009.
Baixa o díptico coas Diptico CONCURSO FOTO RIOS.pdf  BASES (0,6 MB) do concurso, apóntate, colle a cámara e móllate polos nosos ríos!

BASES DO CONCURSO

1ª. TEMA / OBXECTO DAS FOTOGRAFÍAS

• Desastres en augas continentais de Galicia (ríos lagoas,...).

• Efectos de actividades humanas que degraden a calidade destas augas e/ou que afecten directamente ao contorno dos ríos e masas de auga doce.

2ª. ÁMBITO TERRITORIAL

As fotografías presentadas deberán estar tomadas nalgún punto da xeografía de Galicia.

3ª. PARTICIPANTES

Poderá participar no concurso calquera persoa, afeccionada á fotografía ou que desexe denunciar por medio fotográfico calquera afección negativa ao medio acuático natural.

4ª. OBRAS E FORMA DE PRESENTACIÓN

Cada participante poderá presentar un máximo de catro fotografías, en branco e negro e/ou en cor, desexabelmente en formato non inferior 18 x 24 cm. (por razóns de exposición posterior). Polo reverso de cada fotografía identificarase o seu autor -con nome, apelidos e teléfono de contacto-, así como a data e lugar en que foi tomada. A estes efectos, indicarase o nome do río/lagoa afectad@, así como o do lugar mais próximo e parroquia e concello ao que corresponde. Asimesmo, prégase a identificación das coordenadas xeográficas U.T.M. (poden ser obtidas mediante consulta do “Sistema de Información Xeográfica de parcelas agrícolas” –SIXPAC-, accesible na páxina web da Xunta de Galiza –http://www.xunta.es/visor-).

As fotografías remitiranse por correo á Delegación de ADEGA-Lugo, sita en Ronda das Fontiñas, 180 entrechán B, 27002 LUGO, dentro dun sobre pechado, axeitadamente protexidas para evitar que se deterioren na súa manipulación e transporte. Opcionalmente, poderanse entregar en man nas oficinas de ADEGA–Lugo na dirección antedita, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00. Dentro do sobre introducirase tamén o compromiso de cesión ao que se refire a base 10

5ª. DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN

As fotografías poderanse presentar ata o día 12 de xuño de 2009, inclusive.

6ª. XURADO

O xurado estará composto por:

• 1 representante da Consellería de Medio Ambiente.

• 1 representante da Federación Galega de Pescadores.

• 2 fotógrafos de recoñecido prestixio.

• 2 membros de ADEGA.

• 1 representante do deporte náutico galego.

7ª. VALORACIÓN

Valoraranse especialmente as fotografías que expresen dun xeito mais nidio ou crú agresións ao medio acuático natural de Galicia.

8ª. FALLO

O concurso resolverase dentro dun prazo de trinta días naturais contados dende a data límite de presentación. Organizarase un acto de entrega de premios e divulgación xeral do concurso, cuxa data e lugar será debidamente comunicada aos premiados e sociedade en xeral (entroutros medios a través da páxina web de ADEGA, http://www.adega.info).

9ª. PREMIOS

Entregaranse cinco premios, a elixir polos premiados seguindo a orde do posto acadado, consistentes en:

• artículos fotográficos (cámara dixital e outros).

• estancia para 2 persoas 2 días no balneario de Lugo (tratamento completo).

• lote de artículos deportivos.

• produtos ecolóxicos (lacteos,…).

• lote de publicacións medio ambiente.

10ª. USO DAS FOTOGRAFÍAS

Para poder concursar, os participantes deberán ceder o uso das fotografías presentadas a ADEGA, que poderá utilizalas, citando ao seu autor, en calquera actividade relacionada cos seus fins (educación ambiental, denuncia administrativa, etc.). A tal efecto, cubrirán o Diptico CONCURSO FOTO RIOS.pdf modelo que se acompaña a estas bases. O material fotográfico presentado ao concurso será exposto en diferentes lugares da xeografía galega.

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA