| Móllate polos ríos: marcha reivindicativa en defensa da Fervenza en Mondoñedo |
|
|
Nesta fin de semana desenvolveranse diversos actos en defensa de A Fervenza e do río Figueiras organizados pola Plataforma Furapresas, da que fai parte ADEGA: queremos contar coa túa participación para defender o patrimonio cultural, turístico e ambiental de Mondoñedo contra a desfeita das minicentrais. O sábado 13 de xuño temos previsto unha proxección de fotos na Praza do Concello ás 23:00h e o domingo 14 imos ter varios actos reivindicativos na defensa dos ríos Tronceda e Figueiras que consistirán nunha marcha dende Os Muiños, facendo varias escalas, até A Fervenza (Piscina do Coto) para rematar cun xantar popular. Son actos aos que se pode asistir por separado, anque sería convinte participar nos dous. Saída da marcha reivindicativa: domingo 14 ás 12:30 h, dende Os Muiños. Xantar popular: domingo 14 ás 14:30 h, na Fervenza. Para o xantar popular existen unhas listas para apuntarse no Rincón, Valeco e Zapateiro (Sandro). O custe é de 5 euros, nun principio. O que non poda apuntarse neses lugares ou se lle faga incómodo, que se poña en contacto nos teléfones que figuran máis abaixo. Quen o desexe pode levar comida pola súa conta e unirse á festa, nin que decir ten. Na marcha e no xantar tocarase música polos participantes, algúns xa están confirmados para tocar, os que poidades levade a vosa música para acompañar. Inscricións e contacto: 617353140 - 696452308 |
| Seguinte > |
|---|



