Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Pontevedra arrow Marcha anual contra as celulosas 2009
Marcha anual contra as celulosas 2009 Imprimir E-mail
Cartaz marcha 200911 de xuño de 2009. ADEGA apoia a tradicional marcha anual contra a celulosa convocada pola APDR que terá lugar este sábado 13 de xuño ás 19:30 saíndo dende as alamedas de Marín e Pontevedra. ADEGA chama a unha ampla participación social nesta mobilización para facer patente o noso rexeitamento a esta industria contaminante a esixir a súa saída inmediata de Lourizán.
Porque a recuperación da ría, da saúde e dos postos de traballo non pode agardar máis: hoxe máis que nunca, CELULOSAS FÓRA DA RÍA!
 

ADEGA considera que a factoría debe abandonar a súa actual localicación na enseada de Lourizán, mesmo denantes do remate da concesión no 2018, e facendo fronte aos custos de rexeneración e saneamento da ría; aínda que este obxectivo está agora máis lonxe tras a concesión outorgada pola Xunta en 2008 da Autorización Ambiental Integrada ao complexo de ENCE-ELNOSA por 3 anos máis.
Sobre o tema do "traslado" da fatoría de ENCE-ELNOSA e as posíbeis ubicacións, ADEGA coida que se está obviando o debate sobre a necesidade ou non de contar cunha celulosa en Galiza.  Neste senso, non habería que falar propiamente do traslado da planta de Lourizán, senón da construción dunha nova pasteira. Realmente precisamos unha industria tan contaminante como ENCE ?, habida conta de que coas 7 pasteiras de Portugal e a recente ampliación da celulosa de Navia pódese absorber a producción de madeira galega. A ONU sinala ás celulosas como unha das industrias máis contaminantes do planeta. Neste senso, o mal chamado "traslado" tamén trasladaría os problemas de consumo de recursos, contaminación, vertidos e cheiros a outra ubicación.
As celulosas son en grande medida responsábeis do actual modelo forestal baseado no monocultivo intensivo do eucalipto e do piñeiro. E se queremos mudar este modelo, responsábel da transformación brutal dos nosos montes nos últimos 50 anos, que necesidade habería de manter unha pasteira en Galiza? Precisamente é proceso de fabricación de pasta de papel o que condiciona en gran medida o aproveitamento forestal insustentábel dos últimos 50 anos, sendo ademáis un dos principais factores que condicionan o escandaloso número de lumes no país.
Como aconteceu no seu momento con outros proxectos pasteiros en Galiza, ADEGA avaliará criticamente cada proposta tendo en conta os impactos sobre o ambiente, a saúde, o patrimonio e o tecido produtivo. Mais sen esquecer a controversia e as características particulares deste deste tipo de industria pola cantidade de recursos que consome, a elevada xeración de contaminantes, e a dependencia forestal que crea no territorio.
ADEGA convida ademáis a reflexionar e facer autocrítica sobre as consecuencias do alto consumo de papel por parte da nosa sociedade. Por iso, unha das alternativas que propomos é, alén dunha redución drástica do seu consumo, a promoción das industrias da reciclaxe de papel, inexistentes en Galiza, e a aposta polas especies autóctonas e a multifuncionalidade do monte.
O actual mercado pasteiro, controlado por poucas transnacionais, en calquera momento pode "tirar" os prezos do eucalipto con importacións masivas de América do Sur. Rachar con este modelo e coa demanda que o sustenta son as chaves dun debate que ADEGA quere trasladar á sociedade previo á discusión sobre posíbeis novas localizacións para ENCE.
 
Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA