| Feira do Sol 2009 en Compostela |
|
|
Compostela, 20 de xuño de 2009. Durante mañá e a tarde do sábado día 20, no paseo central da Alameda de Compostela, desenvolveranse as actividades da FEIRA DO SOL 2009. Os actos comezarán ás 11:30 horas e prolongaranse durante todo o día até as 20:00 h. Haberá cociña solar con degustación de produtos ecolóxicos, contacontos, obradoiros de fabricación de xoguetes solares, percorridos en bici e unha manchea de actividades lúdico-participativas. Dende ADEGA colaboraremos cun posto informativo e realizaremos un obradoiro de FOGARES VERDES para o aforro de auga e enerxía no fogar.Baixa o cartaz da FEIRA DO SOL 2009 (0,2 MB) Todo o día dende ás 11:30 a 20:00h, paseo central da Alameda de Compostela FORNO SOLAR: construción dun forno solar a cargo de Juan Bello, profesor do IES Someso, especialista en bioclimática e construción de fornos solare. DISCURRE EN BICICLETA POLA ALAMEDA: Até 10 bicicletas diferentes para percorrer a Alameda a cargo de David Sellero, especialista en trial. OBRADOIRO DE CHAPAS: Chapas persoalizadas. OBRADOIRO DE EQUILIBRIO: elementos do circo que farán as delicias dos máis pequenos. COCIÑA SOLAR: pementos solares, preparación de 7 pizzas, arroz vexetal, polo asado, pisto... repartiremos tapas de degustación elaboradas con produtos ecolóxicos. OBRADOIRO DE FOGARES VERDES: para o aforro de auga e enerxía no fogar a cargo das monitoras de Educación Ambiental de ADEGA. MONTAXE DUN FOGUETE SOLAR e de xoguetes solares. OUTRAS ACTIVIDADES: -Exposición de inxenios xolares -Xogos populares (mañán) -Percorrido pola feira do sol ás 12 e 13h a cargo de Xavier Picos, educador social -Música: Revival Stompers (jazz-blues). Pases ás 12 e 14h. -Actuación de O Bardo Abelardo (ás 16h) -Coloquio: "Na crise, solucións!!!!!" a cargo de Manuel Vázquez, da asociación española de enerxía solar. Ás 18h. -Actuación de Gazafelhos, contacontos participativos (ás 19h) Ademáis: información variada, biblio-sol, son-solar...etc. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

Compostela, 20 de xuño de 2009. Durante mañá e a tarde do sábado día 20, no paseo central da Alameda de Compostela, desenvolveranse as actividades da FEIRA DO SOL 2009. Os actos comezarán ás 11:30 horas e prolongaranse durante todo o día até as 20:00 h. Haberá cociña solar con degustación de produtos ecolóxicos, contacontos, obradoiros de fabricación de xoguetes solares, percorridos en bici e unha manchea de actividades lúdico-participativas. Dende ADEGA colaboraremos cun posto informativo e realizaremos un obradoiro de
FEIRA DO SOL 2009 
