Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Ourense arrow Arde Ourense mentras a Xunta denega información
Arde Ourense mentras a Xunta denega información Imprimir E-mail
cea_incendio.jpgOurense, no 12 de setembro. O territorio distrital de Ourense é pasto das lapas. Miles de hectáreas de bosque e monte baixo están a arder diante da desesperación dos veciños e habitantes do medio rural. A Xunta está a ocultar información sobre o número de focos e as hectáreas queimadas. Se a primeiros da tempada estival ADEGA, en comunicación cos habitantes e afectados das zonas rurais detectaba importantes lumes dos que non se ofrecía información (no Teixadal de Casaio, en Vilardevós, que calcinou un cuarto do territorio do concello), na altura do final do verao continúa a política de censura informativa e ocultación dos datos que contrasta coa información dos propios concellos damnificados.
 

FALLAN OS SERVIZOS DE VIXIANZA

A actual Consellaría de Medio Rural desmantelou o dispositivo de vixianZA forestal implantado polo ourensán Alfredo Suárez Canal e que tan bóns rendimentos deu, coñecido como Voluntariado en Defensa do Monte Galego. O Voluntariado estaba coordinado desde un Servizo Central e abranguía toda unha rede de vixilanza composta por comuneiros, veciños e agrupacións de voluntarios que daban cobertura a totalidade do territorio galego.

En troques, a Xunta actuante implementou un cativo servizo mixto con contratacións de monitores e voluntarios que están a demostrar a súa ineficacia desde o primeiro momento pola súa descoordenación e falta de interesse na labor que supostamente tiñan que cumprir. Alén diso, a falta de medidas de prevención é palpábel nesta vaga de incendios. Moitos dos lumes están a pór en perigo vivendas e propiedades que non teñen as franxas de protección limpas darredor e desbrozadas, pola ineptitude das administracións públicas responsábeis (concellos incumpridores da normativa exitente e administración autonómica consentidora).

Eis un exemplo dos lumes acontecidos no día 11 de setembro e as horas nas que se prendeu lume:

Coles 15.00 aprox

Nogueira de Ramuín -Luíntra 14.30feijoo_manguera_pq1.jpg

A Bola 15.00

Trasmiras 16.00

A Mezquita 16.15

Verín 18.30

O Barco 19.00

Ourense 19.00

Ribadavia 19.15resize4.jpg

Celanova 18.30

Paderne de Allariz 18.30

San Cibrao das Viñas 17.30

ADEGA demanda a populación en xeral que denuncie calquera conato de lume no monte dando aviso aos distintos Servizos en Defensa da Natureza (SEPRONA, TLF. O85 ou 112)

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA