Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Ferrolterra arrow ADEGA pide a anulación do permiso de vertedura a REGANOSA
ADEGA pide a anulación do permiso de vertedura a REGANOSA Imprimir E-mail
Por reiterados incumprimentos do permiso e ocultación de información. Ferrol, 13 de outubro de 2009. A Planta de REGANOSA, mesmo dende a súa entrada en funcionamiento (oficial) en novembro de 2007, vén incumprindo os termos da autorización de Augas de Galiza para a vertedura de augas residuais á ría de Ferrol (Resolución do 13 de decembro de 2005). Nestes 2 anos, REGANOSA xa leva vertidos 93 millóns de m3 de auga tratada con hipoclorito sódico, ocultando as concentracions de cloro que realmente verte á ría así como as temperaturas das augas vertidas. Solicitude VERTEDURAS REGANOSA.pdf Solicitude ADEGA VERTEDURAS REGANOSA (21 KB)


REGANOSA utiliza a auga do mar no proceso de regasificación do gas natural, xa que o gas chega á planta nos buques en estado líquido a unha temperatura de –1690C. Permanece almacenado nos tanques en forma líquida até o momento de ser introducido nos gasodutos, que é cando precisa ser quentado para lle devolver o seu estado gaseoso. Neste proceso de regasificación REGANOSA bombea auga da ría e a fai pasar por un intercambiador de temperatura, quecendo o gas natural para pasalo ao estado gasoso. No proceso, a auga mariña sufre un notable enfriamento previa a ser devolta á ría. Amáis disto, REGANOSA engádelle cloro á auga do mar en forma de hipoclorito sódico (lixivia) coa fin de esterilizar a auga captada e impedir que algas, mexilóns e outros organismos obstrúan as tubarías do sistema de refrigeración.
A autorización de vertedura a REGANOSA por parte de Augas de Galiza está sometida a certas condicións:
-A oscilación de temperatura entre a auga captada e a vertida non sea superior a -6ºC.
-A concentración de Cloro non pode ser superior a 0,1mg/litro.
REGANOSA presenta, tanto para o cloro como para a temperatura, uns valores promedio que non teñen correlación algunha cos valores límites autorizados por Augas de Galiza. Estas medicións teñen que ser realizadas EN CONTINUO e presentarse con periodicidade mensual e na forma establecida no permiso de vertedura, ao organismo público Augas de Galiza.
Portanto, REGANOSA está a furtar información á administración e á cidadanía, xa que a información que está obrigada a presentar nunca foi entregada por REGANOSA á administración. Por esta razón, ADEGA volta a solicitar a Augas de Galiza a información referente aos níveis de cloro e temperatura que no seu momento determinou através da resolución do 13 de decembro do 2005. E dado o reiterado incumprimento desta, solicitamos a revogación/anulación do permiso de vertedura a REGANOSA.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA