Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de Educación Ambiental arrow Curso de formación ambiental: iniciativas e equipamentos en Portugal
Curso de formación ambiental: iniciativas e equipamentos en Portugal Imprimir E-mail
hoaraformiga1.jpg20 de outubro de 2009. O curso de formación de outubro que organiza mensualmente ADEGA está adicado á visita de dous equipamentos portugueses especializados en duas temáticas traballadas habitualmente na asociación, auga e residuos. A visita deste martes 20 de outubro permitiranos coñecer as suas experiencias e compartir coñecementos prácticos. Descarrega o cartaz Cartaz_Formación_-_equip...l_[Modo_de_compatibilidad].pdf Cartaz CURSO OUTUBRO (216 KB)
 

A Horta da Formiga é un centro adicado a compostaxe caseira, criado para educar e sensibilizar a poboación no ámbito dos residuos. Este equipamento pretende demostrar que é a compostaxe, cales son as suas vantaxes e diferentes usos.
Pola súa banda o Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental – CMIA é un equipamento que pretende desenvolver accións de sensibilización ambiental, promover a construción de bases de datos de calidade ambiental a nível local e empregar esta información de forma que contribúa a unha mellora do ambiente.

PROGRAMA. Martes 20 de outubro

09:00 Saída do local de ADEGA en Santiago de Compostela
11:00 Visita a Horta da Formiga
13:30 Xantar
15:30 Visita a Centro de Monitorizaçao e Interpretaçao Ambiental
17:30 Volta para Santiago de Compostela

Se queres participar chama ou envíanos un correo a:
ramses@adega.info
Móbil: 616 23 80 50
Prazas limitadas a 15 persoas.

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA