Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Ourense arrow Dous encoros menos no Sil grazas a ADEGA: comezamos ano cunha boa nova
Dous encoros menos no Sil grazas a ADEGA: comezamos ano cunha boa nova Imprimir E-mail
No Barco de Valdeorras, 1 de febreiro de 2010. AS ALEGACIÓNS DE ADEGA FORON DETERMINANTES PARA REXEITAR OS NOVOS ENCOROS PROXECTADOS NO SIL. ADEGA expresa a súa sorpresa por que Medio Ambiente fora máis escrupuloso co informe de impacto ambiental dos proxectos da zona valdeorresa, que non está incluida na Rede Natura, que nos da Ribeira Sacra, que teñen todas as proteccións comunitarias. Tamén cabe lembrar que o Salto do Barco tería unha afección sobre o «Descenso internacional do Sil», polo que é preciso lembrar para xeracións futuras que esta proba deportiva das Festas do Setembro da capitalidade comarcal estivo ameazada por este proxecto, para que sexa tida en conta na memoria da poboación do Barco xunto coa relación desta vila abeirada no río Sil.
 
 
ADEGA expón que os documentos presentados non teñen a calidade suficiente para proxectos destas características, contendo erros de fondo e superficiais, contradicións e consideracións subxectivas, e pediu que non sexa concedida a declaración de utilidade pública ese desestimen os aproveitamentos por ser contrarios ao interese do conxunto da poboación e ser contrarios ás estratexias de conservación galegas, estatais, europeas e internacionais. Algúns dos extremos considerados son:

Na planificación do aproveitamento do río Sil realizada nos anos 60 fíxose un aproveitamento do 90% do río. Este treito pertence ao 10% restante e estes dous aproveitamentos foran descartados por influir directa ou indirectamente no núcleo urbano do Barco.

Non é xustificábel un maior aproveitamento do Sil pola redución nas emisións de CO2, xa que éstas non son significativas. A xestión dos recursos hidrolóxicos e naturais deben atender outras prioridades coma o abastecemento humano.

Os Estudos de Impacto Ambiental carecen de rigor ao calificar todos os impactos coma positivos.

E xeral a cuantificación e a valoración dos impactos é pouco seria, tendenciosa e carente de rigor técnico-científico. Como exemplo o impacto sobre a calidade das auguas califícase de moderado cando debería ser alto. A respeito da fauna acuática só se considera superficialmente a situación da troita común e secundariamente outras dúas especies migratorias. As escadas de peixes son técnicamente incorrectas e non se especifica a augua circulante nen se ten en conta a morte de alevíns ao turbinar a agua. Prodúcese destrución directa de desoves. Tampouco se ten en conta a comunidade de invertebradados acuáticos. O impacto conxunto dos dous encoros, sumados aos xa existentes, é crítico e irreversíbel.

Non se fai ningunha consideración económica do impacto sobre a paisaxe.

Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA