Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de Educación Ambiental arrow IV Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea
IV Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea Imprimir E-mail
gardarrios_xan.jpgNeste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizaranse accións encamiñadas a eliminar flora exótica e invasora. O voluntariado contará con material axeitado (traxes e botas, material de inspección, guías, etc.) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para o desprazamento do voluntariado empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.praztox.gif
 

As quendas do campo de voluntariado serán:
• 5, 6 e 7 de febreiro.
• 23, 24 e 25 de abril.
• 11, 12 e 13 de xuño.
• 15, 16 e 17 de outubro.
 
O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas en cada turno. Se estás interesada/o en participar, xunta a preinscrición e envíaa a coordinación do Proxecto Ríos. Podes inscribirte nos catro turnos ou de xeito independente nalgún deles. Non dubidedes en contactar con nós para resolver calquera cuestión:
Proxecto Ríos, Travesa de Basquiños, 9 Baixo, 15704 Santiago de Compostela. Tel. e fax: 981 570099 / Móbil: 650 261283 ou ao e-mail: info@proxectorios.org
 
A continuación podedes descarregar a ficha de inscrición:
 
 A PROGRAMACIÓN de da primeira fin de semana do campamento será:
 

VENRES

mañá

tarde

 
 
 
18:00 h
Recepción (albergue)
19:00 h
Presentación do PR
 
19:30 h
Presentación e Formación do Programa do Tea
21:00
Cea
22:00
Tempo de lecer
SÁBADO
mañá
tarde
09:00
Almorzo
16:30-20:00
Traballos de campo
10:00-13:30
Traballos de campo
20:30
Regreso ao albergue
14:00
Xantar
21:00
Cea
15:00-16:30
Descanso
22:00
Roteiro nocturno
DOMINGO
mañá
tarde
10:00
Almorzo
16:30-18:00
Itinerario guiado
10:30-13:30
Posta en común e avaliación
18:30
Volta
14:00
Xantar
 
 

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA