| O Proxecto Ríos presenta na UDC as actividaes do programa de promoción do voluntariado ambiental |
|
|
4 de febreiro de 2010. O Proxecto Ríos ven de apresentar, conxuntamente coa Universidade da Coruña, un programa de promoción do voluntariado no seo de dita universidade. Dentro do Programa de Promoción do Voluntariado Ambiental para o alunado da UDC, o Proxecto Ríos deu conta das actividades e propostas que se están a desenvolver con alunos e alunas dos campus de Elviña e A Zapateira. Estas actividades están relacionadas coa custodia do territorio, unha nova ferramenta en educación ambiental para a conservación da biodiversidade através do voluntariado.Os traballos a realizar por parte do voluntariado consistirán na identificación da flora exótica invasora presente na superficie do campus central da UDC (Elviña e Zapateira), cos obxectivos de elaborar un mapa de cobertura que amose a distribución de dita flora e de propoñer medidas de actuación para o seu control e eliminación, así como divulgar a problemática que xeran estas especies no medio natural. Outro obxectivo é que o voluntariado participante implique a outras persoas nas tarefas a desenvolver, redundando nunha mellor formación persoal e na concienciación da comunidade universitaria no seu conxunto.
O desenvolvemento do programa inclúe as seguintes actividades: Estas actividades están destinadas aos estudantes da UDC, pero están abertas a todas aquelas persoas que queiran participar, previa inscrición. Para realizala podedes anotarvos en: |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

4 de febreiro de 2010. O
flora exótica invasora presente na superficie do campus central da UDC (Elviña e Zapateira), cos obxectivos de elaborar un mapa de cobertura que amose a distribución de dita flora e de propoñer medidas de actuación para o seu control e eliminación, así como divulgar a problemática que xeran estas especies no medio natural. Outro obxectivo é que o voluntariado participante implique a outras persoas nas tarefas a desenvolver, redundando nunha mellor formación persoal e na concienciación da comunidade universitaria no seu conxunto.
Tamén resulta acaído dentro da universidade a realización de actividades de voluntariado ambiental arredor dos ríos. Estes traballos consistirán na inspección ecolóxica dos ríos, empregando a metodoloxía do 
