| Roteiro polo Camiño Primitivo, de San Romao da Retorta (Guntin) a Melide |
|
|
DEBIDO ÁS MALAS PREVISIÓNS METEOROLÓXICAS, ESTE ROTEIRO SUSPÉNDESE ATÉ NOVO AVISO. Con este novo roteiro de ADEGA-Lugo percorreremos outra etapa do CAMIÑO PRIMITIVO que, aínda que marca o inicio da cultura xacobea universal e transcorre por lugares de grande interese histórico e ambiental, é obxecto de alteracións humanas, que merecen ser coñecidas e denunciadas. O roteiro ten un trazado suave, coa excepción da subida á serra do Careón, polo que a súa dificultade pode considerarse media.Iniciaremos o roteiro en San Romao da Retorta, no concello de Guntín, no que ademais do seu magnífico templo románico, poderemos ver unha réplica dun miliario romano (erixido no ano 40 na honra do emperador Calígula) que evidencia a confluencia do Camiño coa vía XIX da Calzada Romana. Iremos deixando o concello de Guntín e entraremos no de Palas de Rei, sendo este un treito de gran riqueza ambiental e patrimonial, no que teremos ocasión de contemplar importantes elementos románicos en varias localidades (Santa Cruz da Retorta, Ponte Ferreira, Augas Santas, Merlán, etc.). Despois de atravesar a Serra do Careón (800 m de altitude aproximadamente Lugar de Interese Comunitario), entraremos xa na provincia da Coruña a través do concello de Toques, no que é destacable o lugar de Santo Antoíño, no que existiu un mosteiro bieito e no que se conserva na actualidade unha igrexa prerrománica do século IX. Finalizaremos o roteiro en Melide, na Praza do Convento ou dos “ Tres Camiños”: O Primitivo, O Norte e O Francés. Nesta praza está o “Museo da Terra de Melide”, creado por subscrición popular e instalado precisamente nun antigo albergue de peregrinos. Se é posible, visitaremos o museo que, ademais de contar cunha sección adicada á rota xacobea, permitiranos coñecer importantes elementos do patrimonio da “Terra de Melide”. O roteiro ten un trazado suave, coa excepción da subida ao Careón, polo que a súa dificultade pode considerarse media. Non se descartan pequenas modificacións do trazado descrito, que agardemos saibades desculpar. ROTEIRO SUSPENDIDO ATÉ NOVO AVISO Normal.................................................................................... 15 € Estudantes, xubilad@s e no paro.............................................. 12 € Socia/os.................................................................................. 10 € Ata 17 anos............................................................................... 5 € O punto de encontro será diante da Escola de Maxisterio ás 9 da mañá. Prégase puntualidade e o aviso previo no caso de non poder asistir.
PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO (máis información en www.adega.info): 23 Maio: Grandas de Salime-A Fonsagrada 21 Marzo: Parada Nova-Parada Vella (Fonsagrada) 18 Abril: Parada Vella-Castroverde 20 Xuño: Costa da Morte |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

DEBIDO ÁS MALAS PREVISIÓNS METEOROLÓXICAS, ESTE ROTEIRO SUSPÉNDESE ATÉ NOVO AVISO. Con este novo 
