Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Arquivo arrow Informe de ADEGA-VIGO sobre as inundacións en Sabarís
Informe de ADEGA-VIGO sobre as inundacións en Sabarís Imprimir E-mail
a_ramallosaweb.jpgVigo 30 de Outubro 2006.As recentes inundacións ocorridas en varios puntos Galiza preocupan á opinión pública galega. ADEGA ten publicado na web información sobre Cee e agora quere informar dos distintos factores que influiron nas inundacións en Sabarís (Concello de Baiona).
    As recentes enchentas producidas en Sabarís, que asolagaron parte da parroquia, foi consecuencia non só das fortes choivas, que acadaron rexistros non coñecidos dende fai moitos anos e agravadas pola vaga de lumes que deixou os montes sen vegetación, senón tamén pola deficiente planificación urbanística e a falta de limpeza e conservación do cauce do río Grova.
    Así, a estrada de circunvalación polo litoral, construida en 1987, xa provocara algunhas inundacións, desta vez convertíuse en un auténtico encoro que impediu que o exceso de auga saíse ó mar.         Asimesmo a falta de limpeza do río Grova e a construcción de muros en fincas de particulares que invaden a ribeira do Grova favorecen as inundacións. A construcción destes muros foi consentida polas autoridades pertinentes, agravaron o problema.
    O arrastre polo río de pedras, ramas e troncos fixeron que en alguns puntos que se formaran auténticos tapóns que o reventar ocasionaron fortes avenidas de auga. Foi unha sorte que as horas nas que se produciu a enchenta non coincidira coa pleamar porque os efectos terían sido ainda maís perniciosos.a_ramallosaxunqueira.jpg
    A masa de lodo e cinzas que invadiu rúas e casas, chegou á Xunqueira afectando negativamente o banco marisqueiro e a flora e fauna desta zona da REDE NATURA pertencente ao LIC (Lugar de Interese Comunitario) A Ramallosa.
    Unha vez maís as irresponsables actuacións do home sobre o medio natural trae coma consecuencia desastrosos perjuicios para o propio home e a natureza. Facemos nosa a petición de hoxe do Fiscal do Estado para Urbanismo e Medio Ambiente, Antonio Vercher, que pide a demolición das construccións ilegais.
    Tamén queremos destacar que concellos que hoxe piden indemnizacións polas inundacións permiten actuacións urbanísticas que son o cerne dos futuros problemas medioambientais. Non nos opoñemos a que reciban indemnizacións pero hai que apelar á sua responsabilidade na ocupación do medio ambiente por edificacións ilegais que posteriormente se legalizan.
    Finalmente recomendamos a lectura do blog http://avesdominhor.blogspot.com no que se comentan as distintas especies de paxaros da Xunqueira da Ramallosa, ademais das afeccións destas inundacións. 
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA