Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Coruña arrow Convocatoria de actividades da Asociación Millo Miúdo
Convocatoria de actividades da Asociación Millo Miúdo Imprimir E-mail
mmiudo2.jpg
A Coruña 20 de Xuño de 2007. A asociación de consumo responsable Millo Miúdo presenta unha serie de actividades de verán para nenos que se realizarán no local desta asociación situado na rúa da Barreira nº 2 en Perillo.
Para información das actividades preme no título da noticia. 
Para contactar:
Conchi 616 819 003. Monitora de educación ambiental
Geni 690 379 391. Pedagoga e membro de ADEGA-Coruña
 

¿Quen somos?
SOMOS un grupo de educadoras, que xurdimos dentro da asociación de consumo consciente Millo Miúdo, pola nosa inquedanza por ofrecer un obradoiro alternativo, para o lecer e o tempo libre dos nenos/as.
CREAMOS un espacio orientado cara a o disfrute, aprendizaxe e benestar dos participantes; dende unha perspectiva que dé unha importancia fundamental ás emocións como pilares que organizan a persoalidade dos rapazes/as. Permitíndolles que expresen o que leven dentro e dándolles a oportunidade de desenvolver a súa imaxinación e creatividade. Consideramos que os pais/nais, titores e familia en xeral coa que conviven habitualmente os nen@s, son os mellores aliados cos que podemos contar para esta tarefa.
DIRIXIDO A: a partir de 4 anos, ( ou próximos a cumplir os 4 dentro do ano 2007). 
CUOTA: 2,75 € por hora,e cuarto 2 € se o neno/a ven a máis de unha actividade, a partir de 6 horas a semana. Se fará un peqeno desconto a grupos de irmáns, ou membros dun mesmo núcleo familiar.

ACTIVIDADES:
 
COMEZAMOS: O día 2 de Xullo, e rematamos coa volta ao cole.
HORARIO: De luns a venres a partir das 10,30; (se hai un certo número de nenos/as que necesitan un horario máis amplio, aceptamos sugerencias).
LUGAR: local da asociación millo miúdo Rúa a Barreira, 2 (Rotonda de Perillo-Montrove) Perillo 15172 A Coruña
INFORMACIÓN: Martes e venres no local da asociación millo miúdo de 18,30 a 19,30 h. Ou nos tlfnos: Conchi 616 819 003 monitora de educación ambiental Geni 690 379 391 pedagoga membro Adega Coruña
PROGRAMA DE ACTIVIDADES VERAN 2007 EXPRESIÓN CORPORAL: Batuka os luns e os venres, (queda por determinar a hora) Contacontos- escenificación: os luns (de 12 a 13,15 h) para rapazes/as de infantil. Obradorio de lectura “lee connosco”. os venres de(12 h a 13,15) de 6 a 8 anos.
EDUCACIÓN AMBIENTAL: Horta ecolóxica, actividades de refugallo, os martes e xoves. de 10,30 a 11,45 h dende 4 anos. Obradoiro de arcila: Os martes mércores e xoves de 12,00 h a 13,15 h. A partir de 5 anos. Roteirosa pé: Se organizará uno al mes, polo entorno de Oleiros, (mínima dificultade), en función da disponibilidade de pais/nais/titores que podan ir cos nenos/as e monitores.
DEBUXO E PINTURA: martes e xoves de 11,45 a 13,15 h a partir de 4 anos . Cómic: os mércores de 10,30 a 12,00h (a partir de 7 anos).
 
 
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA