Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Arquivo arrow Campaña "Por un Río Vivo" da Asociación de Troiteiros Río Furelos
Campaña "Por un Río Vivo" da Asociación de Troiteiros Río Furelos Imprimir E-mail
Preme para ampliar21 de novembro de 2007. Este día escomenzamos unha campaña de Defensa do Medio Ambiente, realizando  no Multiusos de Melide cunha exposición fotográfica, acompañada dunha charla-debate e da proxección audivisual sobre o desastre ecolóxico ocurrido o pasado día 11 de setembro no río Catasol. Como todos sabemos o Río catasol sufriu unha agresión contaminante que, tendo en conta as consecuencias inmediatas para a flora e fauna fluvial, os medios de comunicación non dubidaron en cualificar de "desastre ecolóxico".
 

Durante varios días voluntarios da Asociación de Troiteiros Río Furelos e membros da gardería estiveron recollendo e catalogando as troitas (4195) e demais animais envelenados, a Administración púxose en funcionamento e os medios de comunicación trasladaron o acontecido á opinión pública.
Neste caso, só fica que fale a xustiza. Non obstante, nós queremos facer esta crónica fotográfica dos feitos como apelación á conciencia colectiva a fin de crear un estado de opinión na sociedade melidense que poña en valor o noso medio natural, para erradicar calquera tipo de comportamento daniño coa natureza.
Unha sociedade avanzada, non só se debe medir polo nivel de vida dos seus compoñentes, senón tamén polo respecto ao medio natural. O progeso non é tal se non é sustentábel.
Nada teremos progresado se aos nosos fillos e netos en vez de ríos lles deixamos cloacas. Decir tamén que sacarase a exposición as rúas de Melide os días 24 e 25 e que tera continuidade nos colexios de ensino e instituto, para que os escolares realicen os traballos pertinentes e así entre todos poder evitar estes desastres.
A Asociación de Troiteiros "Río Furelos" agradece a colaboración desinteresada prestada a tal fin por persoas e colectivos, e a todos os que se acheguen a ver esta exposición.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA