As Neves 3 de Marzo de 2008. Este é o terceiro ano consecutivo que as nenas e nenos da Escola Unitaria de Vide, dentro do proxecto escolar “Vide en Verde”, plantan árbores nun dos montes comunais da parroquia. As setenta árbores enviadas pola Consellería de Medio Rural á Comunidade de Montes de Vide, foron plantadas o martes 19 de Febreiro no monte queimado do lugar de O Coto.
Nais, pais, irmáns e veciños e exalumnado acompañaron como todos os anos aos pequen@s da Unitaria, colgando en cada árbore unha etiqueta indicando o nome da persoa que o plantou e se responsabiliza do seu cuidado. A tarde rematou cunha merenda á que foron invitados pola Comunidade de Montes. Na actividade participaron 63 personas entre maiores e pequen@s. Como as árbores foran poucas e unha parte do baldío que a Comunidade de Montes preparara quedara sen plantas,o luns 25 de febreiro, tod@s volveron a subir de novo ó Coto e se plantaron esta vez cuarenta carballos e cerdeiras adquiridas polos comuner@s. No segundo día participaron corenta e sete persoas. Si temos en conta que a Escola Unitaria de Vide están matriculados 17 nenas e nenos de entre 3 e 6 anos, é notable a alta participación nas dúas xornadas, o que pon de manifesto a vinculación e compromiso tanto do alumnado como exalumnado e as súas familias, coa Unitaria e a recuperación do seus montes. |