Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de Educación Ambiental arrow ADEGA presenta o seu programa "FOGARES VERDES"
ADEGA presenta o seu programa "FOGARES VERDES" Imprimir E-mail
logofv.jpgEste mércores 26 de marzo preséntouse en Compostela o programa "FOGARES VERDES”. Este proxecto impulsado por ADEGA, o INEGA e a concellería de Medio Ambiente de Compostela vai promocionar en medio cento de fogares da cidade o aforro de enerxía e auga. A meta será acadar un redución do consumo de enerxía eléctrica nun 5,2% e dun 10% no caso da auga. Para elo fáranse visitas períodicas a modo de acompañamento aos fogares para facilitarlles información e consellos co fin de tentar mudar hábitos. Na primeira visita farase entrega dun kit de aforro composto por unha lámpada de baixo consumo e dous reductores de caudal para as billas.
 

fv_02.jpg

  Porén, o máis importante do proxecto non vai ser conseguir unha cifra concreta de redución do consumo xa que as particularidades dos fogares participantes son moi variadas. A reflexión sobor o uso dos recursos naturais no fogar, o cambio de costumes dilapidadoras ou sentirse parte dun movemento de cambio social cara a eficiencia son pilares fundamentais de "FOGARES VERDES”. Tamén, e non menos importante, vai ser a merma económica na facturación. A principios de abril comezará a primeira rolda de visitas facendo especial fincapé no “stand by” ou consumo fantasma e no aforro de auga na cociña e no baño. Até final de ano abordaranse diferentes temas como a iluminación, a calefacción, a rega, etc. A día de hoxe aínda quedan algunhas prazas para participar en “FOGARES VERDES” e tomar parte da rede de consumidores responsabeis de recursos no fogar. Os interesados/as deberán porse en contacto con ADEGA (981570099; ).

Que é FOGARES VERDES?

fv_03.jpg   Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido a domicilios de Santiago de Compostela, que ten como finalidade a promoción do aforro de auga e enerxía na vida cotiá.

  Plantéxase como un programa de participación ambiental que pretende incorporar accións sinxelas e mudar hábitos para poder reducir o consumo de recursos no fogar.

  Sabemos que cun pequeno esforzo e sen reducir o benestar e calidade de vida pódese acadar unha merma na facturación do fogar e o que é máis importante a conservación dun patrimonio común como son os recursos naturais.

Como se vai facer?

fv_05.jpg  Fogares verdes plantéxase como un programa de acompañamento no fogar. Educadores/as ambientais de ADEGA realizarían un seguemento mediante visitas trimestrais nas que se relizará unha diagnose inicial, asesoramento e confirmación de metas acadadas.

  Ademais das visitas, cada fogar contará en todo momento con atención personalizada a través de teléfono e correo electrónico no que consultar calquera dúbida. Entregarese tamén material con información de axuda e un pequeno equipo de aforro.

Quen o vai desenvolver?

  A equipa de educadores ambientais de ADEGA será a encargada de facer as visitas e o seguemento dos fogares participantes. Prestará tamén atención personalizada a través de teléfone e correo electrónico para consultar calquera dúbida que se plantexe. Os/as educadores/as facilitarán información sobre aspectos básicos referidos a prácticas de consumo e aforro.

A quen vai dirixido?

  As veciñas e os veciños serán os verdadeiros protagonistas da acción educativa. "FOGARES VERDES" vai dirixido a todos aqueles fogares interesados en participar, independentemente do tipo de vivenda ou do número de moradores.

fv_08.jpg

  Terán prioridade aqueles fogares adscritos ao programa de Compostaxe Caseira. Apóstase deste xeito pola creación dunha rede de fogares ecolóxicos que poidan ampliar o seu compromiso ambiental.

  Dos/as participantes agárdase un compromiso de continuidade o longo do desenvolvemento do programa, facilitar datos de facturación de auga e luz (estes serán tratados confidencialmente). Esperamos que o programa aporte aos participantes un alto grao de confortamento polo feito de estar axundando a mudar o planeta!!

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA