22 de abril de 2008. Este sábado 19 de abril en Quilmas (Carnota) celebrouse a Asemblea Xeral de ADEGA na Costa da Morte. Neste acto acordouse a criazón de dúas novas Delegacións de ADEGA no territorio comprendido entre A Laracha e Muros. Esta nova organización territorial resposta á necesidade de millorar a atención aos problemas ambientais, facilitar a participación dun crecente número socios/as comprometidos coa defensa do medio e achegar dun xeito máis efectivo o traballo de ADEGA á sociedade.
As novas delegacións: ADEGA-Costa da Morte, cunha nova sede en Quilmas (Carnota) que abrangue os concellos de Camariñas, Vimianzo, Zas, Muxía, Cee, Fisterra, Corcubión, Mazaricos, Carnota, Muros, Outes e Dumbria. ADEGA-Bergantiños, que abrangue os concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica, Coristanco, Carballo e A Laracha. A Directiva da delegación da Costa da Morte fica configurada do seguinte xeito: Presidente: Xose Manuel Casais, de Quilmas (Carnota) Secretario: Luis Suárez Pérez, de Camelle (Camariñas) Tesoureiro: Xosé Xoán Bermúdez Tajes, de Arou (Camariñas) Vogal: Mario Maceiras Dosil, de Lira (Carnota) Vogal: Encarnación López Abella, de Cee Vogal: Andrés Castro Fiúza, de Cee Vogal: Domingo Martínez Beiro, de Caldebarcos (Carnota) En ADEGA-Bergantiños mantense a Xunta Directiva da anterior delegación, con base en Carballo e que está integrada por: Presidente: Carlos López Domínguez, de Razo (Carballo) Secretario: Francisco Graña Vázquez, de Coristanco Tesoureiro: Xosé Rodríguez Dubra, de Carballo O traballo destas novas delegacións comarcais centrarase prioritariamente na loita contra o Plano Acuícola, os vertidos de augas residuais, se esquecer a Educación Ambiental através de actividades, charlas e roteiros. Dende ADEGA-Nacional desexamos o mellor futuro para estas novas delegacións e un fructífero traballo aos novos compañeiros/as que se incorporan en defensa do ambiente nas bisbarras da Costa da Morte e Bergantiños. |