Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Arquivo arrow Mobilización sorpresa contra o Plano Acuícola en Quilmas

quilmasbanner2.gif

Mobilización sorpresa contra o Plano Acuícola en Quilmas Imprimir E-mail
quilmasact1.jpg1 de maio de 2008. A veciñanza afectada pola construción das piscifatorías na Costa da Morte mobilizouse este 30 de abril diante da piscifatoría de Quilmas (Carnota). Portestábase pola falla de información sobor do vertido denunciado por ADEGA e a Plataforma de Quilmas o pasado 3 de marzo. O vertido, con grandes cantidades de pensos, procedía da piscifatoría de Stolt Sea Farm en Quilmas e foi denunciado ante o Seprona, cuxos axentes tomaron mostras dos vertidos do emisario da piscifatoría. Pasados dous meses dende a denuncia e a solicitude dos resultados das análises, nin ADEGA nin a veciñanza recibiron aínda información, que a administración está obrigada a proveer pola Lei 27/2006 de Información Ambiental. ADEGA xa enviou unha queixa ao Valedor do Pobo para que vele polo respecto aos dereitos fundamentais dos cidadáns, quer o dereito á información. Texto da queixa
 

AO VALEDOR DO POBO
 
quilmasact2.jpg D. Martiño-Fiz López Lindoso, con DNI XXXXXXXX-X, no seu nome e en representación de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) CIF G15044811, con enderezo a efectos de notificación na Travesa de Basquiños, 9-Baixo, de Santiago de Compostela (CP 15704),
 
EXPÓN:
Que por medio do presente escrito, formulamos a seguinte queixa. Ao abeiro da Lei 27/2006 sobre o Dereito de Acceso á Información en materia de Medio Ambiente foi presentada unha denuncia quilmasact3.jpgambiental ante o SEPRONA e ao organismo autónomo Augas de Galiza con data 3 de Marzo de 2008 con motivo dun vertido de materia orgánica procedente da piscifactoría de Stolt Sea Farm en Quilmas (Concello de Carnota).
Que non temos contestación por parte do organismo autónomo Augas de Galiza nin os resultados das análises efectuadas nese vertido, que foron solicitadas tanto a Augas de Galiza como ao Seprona. O Seprona contestou que non teñen obriga de enviarnos esta información e máis Augas de Galiza non respondeu pasados máis de 30 días de presentada a Solicitude de Información Ambiental.
 
SOLICITA:
quilmasact4.jpgQue o organismo autónomo Augas de Galiza responda á denuncia asinada por Martiño-Fiz López Lindoso, no seu nome e en representación de ADEGA en base ao Artigo 3, punto 2, apartado d, da Lei 27/2006 de dereito á información ambiental.
 
En Compostela a 30 de Abril de 2008
Asdo. Martiño-Fiz López Lindoso Coordinador Organizativo de ADEGA
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA