Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-O Carballiño arrow A canceira do Carballiño presenta un estado lamentábel e graves deficiencias na súa xestión
A canceira do Carballiño presenta un estado lamentábel e graves deficiencias na súa xestión Imprimir E-mail
comida_e_merda.jpgO Carballiño, 4 de xuño de 2008. A canceira do Carballiño mantén un estado lamentábel en canto á hixiene das instalacións e presenta numerosas deficiencias en canto a xestión e planificación. Estes son os resultados dun novo informe de ADEGA no que se pon de manifesto que as deficiencias son numerosas e os investimentos realizados non serviron para atallar e mudar esta situación. Informe completo: Informe canceira Carballinho-1.pdf Canceira Carballiño (619 KB)
 

Entre as carencias flagrantes figuran a falta de hixiene e limpeza das instalacións que fai que existan depósitos de excrementos dos animais nas gaiolas e nas partes cubertas, falta de adecuacións das instalacións para a correcta realización do traballo por parte dos traballadores que atenden os animais.canceira_carballio.jpg
Por non haber non hai nin auga corrente nin electricidade (da rede nin xerador)
En definitiva unha situación absolutamente desastrosa que vai en detrimento da saúde dos animais e é impropia dun país desenvolto cun mínimo de conciencia no coidado e protección dos dereitos dos animais.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA