| Suspendido o certificado FSC de NORFOR (filial de ENCE) polas súas malas práticas ambientais |
|
|
Sábado 21 de xuño de 2008. A empresa NORFOR (Norte Forestal S.A) filial da pasteira ENCE, viu onte como o orgasnismo FSC Internacional (Forest Stewardship Council) suspendía a súa certificación forestal, atendendo as demandas dos grupos ecoloxistas galegos. O selo FSC pretende distinguir as empresas e produtos que promoven unha explotación sustentábel dos bosques. O motivo desta suspensión son os reiterados incumprimentos en canto aos principios e criterios de FSC denunciados por varios grupos ecoloxistas galegos, entre eles ADEGA. Estes incuprimentos levaron á constatación do uso por parte da filial de ENCE de herbicidas non autorizados e outras prácticas como subsolados profundos e talas a matarrasa.En concreto as razóns da suspensión son o incuprimento das cifras mínimas de bosques de alto valor de conservación e a existencia de monocultivos de eucalipto como base da súa xestión forestal. Recentemente, ADEGA ten retirado o seu apoio ao selo FSC polos reiterados incumprimentos e a actitude recalcitrante de NORFOR, que a actual suspensión ven de confirmar. A situación actual comprende a prohibición do uso por parte de NORFOR do selo FSC para a madeira saída das súas fincas e dos produtos elaborados con esa madeira. O seguinte paso será constatar que as Accións Correctivas Maiores impostas por FSC non foron resoltas por parte de NORFOR o que conlevaría a cancelación definitiva do certificado. ADEGA comezará a estudar a nova situación creada trala suspensión do certificado FSC a NORFOR, continuando as conversas con FSC España para retomar a nosa participación neste selo de Certificación Forestal Sustentábel. Dende ADEGA felicitamos a todas as persoas e colectivos que traballaron activamente para garantir a solvencia e a seriedade do selo FSC fronte aos reiterados incumprimentos de NORFOR, e para que este certificado inxustamente conseguido pola empresa fora merecidamente suspendido. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

Sábado 21 de xuño de 2008. A empresa NORFOR (Norte Forestal S.A) filial da pasteira ENCE, viu onte como o orgasnismo FSC Internacional (Forest Stewardship Council) suspendía a súa certificación forestal, atendendo as demandas dos grupos ecoloxistas galegos. O selo FSC pretende distinguir as empresas e produtos que promoven unha explotación sustentábel dos bosques. O motivo desta suspensión son os 
