Menu Content/Inhalt
INICIO
ELECCIÓNS 2009: ADEGA pide un voto responsábel co ambiente PDF Imprimir E-mail
Compostela, 27 de febreiro de 2009. Un dos cometidos do ecoloxismo é concienciar á cidadanía, incluída a clase política, para que as decisións que se tomen estean en liña co desenvolvemento sustentábel. Portanto, os e as ecoloxistas non podemos ficar á marxe dunhas eleccións que van condicionar o panorama ambiental durante os próximos catro anos. Dende ADEGA facemos un chamado para que na reflexión sobre o voto tamén se teña en conta ao ambiente e a protección do territorio.
 
ADEGA participa no III encontro estatal de FOGARES VERDES PDF Imprimir E-mail
26 de febreiro de 2009. Estes días 26 e 27 de febreiro, parte da equipa de Educación Ambiental de ADEGA tomará parte das III Xornadas de Fogares Verdes que se celebrarán no  CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental) en Valsaín, Segovia. As xornadas de Fogares Verdes son un encontro anual de todos aqueles educadores/as que están a traballar no estado neste programa de educación ambiental para promocionar o aforro enerxético, de auga e o consumo responsábel de recursos no ámbito doméstico.  Consulta o Programa III XORNADAS FOGARES VERDES.pdf Programa III XORNADAS FOGARES VERDES (Esp. 70 KB)
 
Nova "CHEIA" (CHafallada de Estudo de Impacto Ambiental): liña de alta tensión Vimianzo-Muxía PDF Imprimir E-mail
Compostela, 25 de febreiro de 2009. ADEGA vén de apresentar alegacións ao proxecto de liña eléctrica de alta tensión (LAT) Vimianzo-Muxía pola pésima calidade do EIA (Estudo de Impacto Ambiental) así como polas graves eivas na exposición pública da información. Membros de ADEGA tentaron sen éxito acceder á parte da memoria referida ao inventario de especies animais e vexetais, xa que a empresa non enviou á administración a documentación completa. Hai que ter en conta que na zona está presente a Centaurea corcubionensis, planta protexida endémica da Costa da Morte que podería resultar afectada polas obras.
 
ADEGA participa no desenvolvemento de proxectos sustentábeis no rural PDF Imprimir E-mail
rainhalupa02.jpg23 de febreiro de 2009. ADEGA vén de participar en diversas actividades relacionadas co aproveitamento sustentábel do medio rural en Quilmas (Carnota) e Folgoso do Courel. En Quilmas, coa colaboración da Cooperativa de cultivo ecolóxico Rainha Lupa, ADEGA organizou dous campos de voluntariado. En Folgoso, membros de ADEGA presentaron un estudo para investigar as posibilidades de emprego vencelladas á posta en valor dos recursos naturais do Courel. A  declaración de Parque Natural Ancares-Courel representaría unha importante posibilidade de conservar e valorizar os imensos recursos naturais, paisaxísticos, etnográficos e culturais destes territorios. MIRA OS CROMOS DAS XORNADAS!
 
Graves verteduras de lamas de depuradora en Ponte Maceira PDF Imprimir E-mail
detalle_lodos.jpgCompostela, 19 de febreiro de 2009. ADEGA e veciños/as da zona de Ponte Maceira na banda correspondente ao concello de Negreira, denuncian o depósito de grandes cantidades de lamas de depuradora en crú que están a xerar molestias á veciñanza por malos cheiros e proliferación de insectos. Alén disto, estes resíduos  provocan unha contaminación importante por nitratos e metais pesados ao ser empregados masivamente e sen criterio nas fincas pertencentes ao Pazo de Baladrón, a carón do río Tambre.
 
Golpe aos transxénicos do Tribunal Europeo de Xustiza PDF Imprimir E-mail
Compostela, 18 de febreiro de 2009. O Tribunal Europeo de Xustiza de Luxemburgo vén de dar a razón ás organizacións ambientalistas e cidadás na súa loita contra cultivos transxénicos e polo DEREITO Á INFORMACIÓN. ADEGA denunciou reiteradamente a opacidade, permisividade e escandalosa complicidade do estado español co lobby dos transxénicos, por mor dos atrancos á cidadanía para acceso á información sobre os "ensaios de liberación". Até o de agora, algúns estados negábanse a facer pública a ubicación das parcelas experimentais nas que as transnacionais dos OMXs “ensaiaban” os seus produtos, alegando que “lesionaría a intimidade” das empresas e dos propietarios/as das terras.
 
Xornada solidaria de voluntariado en Quilmas PDF Imprimir E-mail

coopquilmas.jpgEste vindeiro xoves día 19, convidámosvos a partillar unha xornada de traballo e convivio cos homes e mulleres da cooperativa de cultivo ecolóxico RAINHA LUPA, en Quilmas (Carnota). Coa nosa axuda solidaria, colaboraremos a poñer en valor unhas terras que pretende usurpar a ampliación da piscifatoría de Stolt (275.000 m2) prevista no Plano Acuícola. Alén, coñeceremos de primeira man as diversas alternativas de aproveitamento sustentábel postas en marcha pola brava veciñanza de Quilmas fronte á ameaza acuícola, razón pola que ADEGA concedeulle en 2008 o Premio Osíxeno.

Exposición: "O LOBO, UNHA CARREIRA POLA SUPERVIVENCIA" PDF Imprimir E-mail
expolobo1.jpgInauguración 17 de febreiro ás 19:30h no Centro Sociocultural de Vite, Compostela. Logo do seu paso por Coruña, este martes 17 chega a Compostela a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. A exposición pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats, e estará aberta até o 17 de marzo. A exposición reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Ficha tecnica EXPOLOBO.pdf FICHA TÉCNICA (60 KB) Cromos do acto (segue)
 
ADEGA constitúe unha nova delegación comarcal no Alto Ulla PDF Imprimir E-mail
_dsc0037.jpgMelide, 18 de febreiro de 2009. ADEGA ven de constituir recentemente unha nova delegación comarcal no centro de Galiza, a do ALTO ULLA, que comprende as comarcas de Arzúa, Melide, Deza e A Ulloa. Os membros da nova directiva serán: Presidente, Manuel Ferro, de Lalín; Secretario, Marcial Barral, de Palas de Rei e o Tesoureiro será Óscar Lama, de Melide, alén doutros compañeiros e compañeiras nas vogalías da Xunta Directiva.
 
Constitúese a Plataforma Furapresas contra as minicentrais de Mondoñedo PDF Imprimir E-mail
a_fervenza_2.jpgMondoñedo, 17 de febreiro de 2009. Diversas asociacións e entidades de Mondoñedo e da Mariña, entre as que figura ADEGA, vimos de constituir a PLATAFORMA FURAPRESAS que tentará evitar a construcción de 2 minicentrais en pleno LIC da Serra do Xistral. Trátase das minicentrais previstas no río Tronceda e no río Figueiras que contan cun amplo rexeitamento por parte dos veciños e veciñas de Mondoñedo.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 145 - 162 de 757
Nova web de ADEGA 2010...

Advertisement

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo
Colaboran con ADEGA:
manologarcia.jpg

rasaloba.gif

Enquisas

Como afectará ao ambiente o cambio de goberno na Xunta?
  

Sindicación

Coa axuda de:
deplugo.jpg
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA